Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1910 (Creation)
Nivel de descrición
Unidade documental simple
Extensión e medio
Imaxe dixitalizada en .tiff
Área de contexto
Repositorio
Historia do arquivo
Documento cedido temporalmente no 2022 por Luis Borines para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese o documento, postal ou fotografía en papel.
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
LUIS BORINES 072 e LUIS BORINES 072-2
Tarxeta postal (9x14cm) sen circular. Fototipia en branco e negro. Edición propia da libraría Julián Buceta de Vigo c.a. 1910.
Fotógrafo/a descoñecido/a.
No anverso aparece unha vista do centro de Redondela sacada dende o alto do viaducto á Coruña. A actual rúa da Ribeira, Praza da Constitución. Visualizando o antigo mercado de peixe, o antigo mercado da froita e carne (ubicado no actual sitio da Casa do Concello de Redondela), a igrexa de Santiago de Redondela e o casco antigo da vila. Trátase dun momento previo á canalización do río Alvedosa e futuras obras de aterramento.
Pola tipografía empregada, podemos deducir que foi creada pola fototipia madrileña Castañeira y Álvarez.
No seu revereso obsérvase o nome da Librería Julián Buceta, productora da mesma. A división do espazo traseiro da postal entre Correspondencia e Direccion cunha liña divisoria, é típica tamén da fototipia madrileña Castañeira y Álvarez.
A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Aceso e reprodución libre, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.
Condicións
Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Luis Borines"
Idioma do material
Escritura do material
Language and script notes
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
Os orixinais están en posesión de Luis Borines, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Puntos de acceso á área temática
Puntos de acceso ao lugar
Nome dos puntos de acceso
- Papelería Julián Buceta (Creation)
Genre access points
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
2022-05-06
Idioma(s)
Escritura(s)
Fontes
Nota do arquiveiro
Imaxe descrita por Luis Borines Fernández (coleccionista de tarxetas postais) e Ana Gesteira Ponce, Auxiliar de Arquivo do Concello de Redondela.