Área de identidade
Código(s) de referencia
Título
Data(s)
- 1929 (Creation)
Nivel de descrición
Unidade documental simple
Extensión e medio
Imaxe dixitalizada en .tiff
Área de contexto
Repositorio
Historia do arquivo
Documento cedido temporalmente no 2022 por Luis Borines para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese o documento, postal ou fotografía en papel.
Fonte inmediata de adquisición ou transferencia
Área de contido e estructura
Alcance e contido
LUIS BORINES 052 e LUIS BORINES 052-2
9x14 cm. Fototipia en azul. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte dun caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "34. Vigo. Ensenada de San Simón" sen circular.
Nela aparece unha vista da ría de Vigo dende Soutoxusto. Na imaxe, as Illas de San Simón en Santo Antonio no momento en que funcionaba coma Lazareto (Recinto sanitario adicado á observación e tratamiento de desinfección de persoas que chegando por vía marítima, podían ser portadoras dunha enfermedad contagiosa) do 1842 ó 1923.
Obsérvase ademáis a vía do tren paralela ó mar e o viaducto sobre arcos de medio punto ubicado hoxe en día en Soutoxusto O Viso.
A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.
Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".
Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.
Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.
Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.
Fotógrafo/a descoñecido/a.
Valorización, destrucción e programación
Acumulacións
Sistema de arranxo
Área de condicións de acceso e uso
Condicións que rixen o acceso
Aceso e reprodución libre, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.
Condicións
Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Luis Borines"
Idioma do material
Escritura do material
Language and script notes
Características físicas e requerimentos técnicos
Instrumentos de descrición
Área de materiais relacionados
Existencia e ubicación de orixinais
Os orixinais están en posesión de Luis Borines, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.
Existencia e localización de copias
Unidades de descrición relacionadas
Área de notas
Identificador(es) alternativo(s)
Puntos de acceso
Puntos de acceso á área temática
Puntos de acceso ao lugar
Nome dos puntos de acceso
- Editorial Grafos (Creation)
Genre access points
Área de control da descrición
Identificador da descrición
Identificador da institución
Regras e/ou convencións usadas
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Datas de creación revisión eliminación
2022-02-25.
Idioma(s)
Escritura(s)
Fontes
Nota do arquiveiro
Imaxe descrita por Luis Borines Fernández (coleccionista de tarxetas postais) e Ana Gesteira Ponce, Auxiliar de Arquivo do Concello de Redondela.