Redondela (Santiago)

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Redondela (Santiago)

Termos equivalentes

Redondela (Santiago)

Termos asociados

Redondela (Santiago)

282 Descrición arquivística results for Redondela (Santiago)

282 results directly related Exclude narrower terms

Fotografía de Redondela (1991-1995)

9.003-202 CONCELLO DE REDONDELA Redondela

Fotografía relativa a paisaxe de Redondela: vista da antiga fábrica de Regojo, chimenea e viaducto. Ano 1991-1995

Fotografía de Partido amistoso no Campo do Choco

JA XESTEIRA 006. Expediente 4458/2018

Fotografía do equipo de futbol dun partido amistoso no Campo do Choco, Redondela da década dos 1940.

Recoñecidos:
Esquina superior de esquerda a dereita: Honorato Cabezo, Benido, Joaquín, Serafín Gesteira, Jaime, Densei, Bernardo Fernandez.
Esquina inferior de esquerda a dereita: Severo Rivas, Antonio Lago, Luis Cachola, Lamberto Reboredo Blanco.

Fotografía de equipo de fútbol Corona

JA XESTEIRA 005 e JA XESTEIRA 005 envés. Expediente 4458/2018

Fotografía do clube deportivo Corona posando na rúa de General Rubín, Redondela.

No envés aparece o texto: "Club deportivo Corona Redondela, 26 1951. Nomes: Juan, Llan, Nardo, Nuri Caletro / Agustín, Juan, Gonzalo, Calucho, Ielo, Lolo, Puch"

Persoas recoñecidas: arriba de esquerda a dereita: descoñecido, descoñecido, Toio Llan, descoñecido, descoñecido, Caletro, Agustín Arosa; abaixo: Juan Parolo, Gonzalo, Calucho, Lelo, Lolo (Manolo Pisquito) e Puch.

Fotografía da procesión da Festa da Coca

JA XESTEIRA 001. Expediente 4458/2018

Fotografía da procesión da Festa da Coca de 1920 (aproximadamente) ó seu paso polas rúas actuais General Rubín, Praza de Santiago e Ribeira de Redondela.

Na procesión pódense diferenciar diferentes partes: unha dianteira de portadores e imaxes relixiosas (Virxe da Gabacha, a Sagrada Familia, Jesús) coa presenza dos curas e dos monaguillos; a continuación a Danza das espadas; detrás deles o palio; e por último a banda de música.

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 002. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece José Ángel Gesteira de espaldas, recollendo o premio ó Maio da man do Alcalde na praza do 18 de Xullo (hoxe Praza da Constitución 1812), ante a mirada do público.

de esquerda a dereita: Bernardo Soto (Sotivo) de pe, Teruca Patolas; sentados: Don Enrique (mestre do grupo escolar), Rosario Cal (tapada pola cabeza de José Ángel), Juan Muiños (alcalde), Diego San José; Paco Pereira e Amado González Caradama.

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 004 e JA XESTEIRA 004 envés. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece o Maio con forma de cono feito con fiuncho, flores, calas e con dous bonecos vestidos co traxe tradicional galego subindo por unha escaleira; O grupo de nenos posacos paus da actuación e a bolsa de tela para recoller as axudas, na actual rúa Santa Mariña.

No grupo dos nenos están de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Isidoro Migueles Docampo, Carlos Pazos Docampo. Agachados: Jaime Pazos Docampo, Alberto Pazos Docampo, Eduardo Soto López.

Recoñécese ó fondo a capela de Santa Mariña, aínda cun lateral cuberto de cal.

Na Fotografía JA XESTEIRA 004 envés aparece o texto pon "Debes conocer por lo menos a 6. Cantábamos todos menos Jandro".

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 003. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece a propia actuación do maio "Maio de Santa Mariña" na Praza do 18 de Xullo (hoxe Praza da Constitución de 1812): nenos batendo os paus ó redor da figura dun maio tradicional con forma de cono e feito de fiuncho, flores, laranxas.

No grupo dos nenos que actúan están: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Alberto Pazos Docampo, Jaime Pazos Docampo; Carlos Pazos Docampo, Eduardo Soto, Domingo .

No grupo do Xurado do Concurso dos maios: Juan Muiños (alcalde), Rosario Cal (mestra), Paco Pereira, Amado González Cardama, Diego San José, Don Enrique (mestre), Antonio Soto "Sotivo" (funcionario do concello) e o seu pai (Serafín Gesteira Fernández) na praza da Constitución, ante a mirada do público.

Resultados 201 a 210 de 282