Xunta municipal

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Xunta municipal

Termos equivalentes

Xunta municipal

Termos asociados

Xunta municipal

3 Descrición arquivística results for Xunta municipal

3 results directly related Exclude narrower terms

BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL

As funcións asistenciais no ámbito local foron levadas a cabo durante o Antigo Réxime -como norma xeral posto que nalgún caso xa eran exercidas polos concellos- por diversas institucións relixiosas. Non obstante, tralo período desamortizador, estas competencias foron transvasadas ós concellos, os cales as viñeron exercendo a través de Xuntas ou Consellos con diversas denominacións.

3.7.1.- Xunta Local de Beneficencia:
Inclúe os Libro de actas de sesións da Xunta local de Beneficencia e as actas e expedientes de sesións da mesma.

3.7.2.- Expedientes de beneficencia
Agrupación de series elaboradas a partires do desenvolmento de actuacións benéficas e de asistencia aos desfavorecidos, nun concepto que evolucionou coa nova situación política ao de asistencia social nos inicios dos anos oitenta do século XX. Recollen toda a documentación sobre axudas, reparto de alimentos, campañas de Nadal, medicamentos gratuítos e outros moitos posibles.

3.7.3.- Padróns de beneficencia
Rexistro noutros momentos tamén denominado como padrón de pobres, como padrón ou relación de veciños elaborado para facilitar a asistencia médico - farmacéutica gratuíta ás familias pobres residentes no termo municipal. Xenera tamén documentación relacionada cos súa actualización e uso.

3.7.4.- Expedientes de asistencia social
Os expedientes de asistencia social abranguen de novo un amplo listado de series específicas que se poden xerar no seu seo, seguindo
Os expedientes de prestación social como expedientes tramitados polos concellos para atender calquera tipo de demanda asistencial dos seus veciños -orfos, anciáns, menores, discapacitados, pobres, entre outras moitas-, por si ou ante outras administracións, entendendo o concepto de prestación social en sentido amplo.
Os expedientes de adxudicación e rehabilitación de vivendas, elaborados coa finalidade de adxudicar as vivendas de protección oficial e similares por parte dos concellos así como de tramitar axudas para rehabilitar vivendas en estado precario ou con propietarios con escasos recursos económicos, independentemente do organismo de que proveñan.
Expedientes de subvencións, nos cales habería que encadrar toda aquela documentación referente á tramitación de subvencións por parte das corporacións locais ante outras administracións co obxectivo de financiar os seus programas de asistencia social.

En moitas ocasións, os centros sociais como por exemplo centros da terceira idade, centros de día, residencias de anciáns, etc..., dependen organicamente dos concellos polo cal xeran unha documentación específica cun desenvolvemento especial en función das súas actividades que debe ser organizada e descrita segundo esas características peculiares.

O mesmo podemos dicir das fundacións, promovidas e patrocinadas polos concellos como un medio de involucrar a outros sectores e organismos sociais, públicos ou privados, para potenciar a atención e cobertura das demandas existentes nos municipios en materia de asistencia social.

3.7.5.- Documentación do técnico local de emprego
Conxunto documental heteroxéneo producido na súa xestión por este posto de traballo, moitas veces ocasional, que se crea subvencionado en moitos concellos coa finalidade primaria do fomento de emprego, a dinamización económica de persoas e empresas, a xestión e colaboración da xestión particular e municipal de subvencións para actividades económicas e sociais etc.

Xunta Local de Sanidade

Órgano colexiado existente en tódolos concellos, presidido polo alcalde e formado por concelleiros e persoal sanitario que presta servizo no territorio municipal, encargado de xestionar e definir as actuacións en materia de sanidade. Documentalmente consérvase alo menos o Libro de actas de sesións da Xunta Local de Sanidade e, as veces, expedientes de sesións da propia Xunta Local de Sanidade con documentos tratados en cada sesión.