Xunta de goberno

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Xunta de goberno

Termos equivalentes

Xunta de goberno

Termos asociados

Xunta de goberno

86 Descrición arquivística results for Xunta de goberno

Only results directly related

COMISIÓN DE GOBERNO / PERMANENTE

A 1ª División de sección 1.3. COMISIÓN DE GOBERNO / PERMANENTE recolle as series documentais deste órganos colexiados que representan a función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, con capacidade de decisión e de execución das competencias que lle delegan.

1.3.1.- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente

A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación 1924 e de finalización 1985. Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril.

O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas.

1.3.2.- Libro de actas da Comisión de Goberno
Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local.

A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno.

O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas.

1.3.3.- Libro de actas da Xunta de Goberno Local
A Xunta de Goberno Local (lei 57/2003 de 16 decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local) existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o seu regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu concello. Intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno.

O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas.

1.3.4.- Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente.

Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións.

1.3.5.- Expedientes sesións da Comisión de Goberno.
Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións.

1.3.6.- Expedientes sesións da Xunta de Goberno Local.
Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.

Expediente de sesión da Xunta de Goberno Local. Extraordinaria (08-06-2005)

Expediente de sesión extraordinaria e urgente da Xunta de Goberno Local do 8 de xuño de 2005:

Adxudicación de autorizacións para instalacións e ocupacións temporais nas praias do Concello para a tempada 2005.
Interpretación do prego de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas do contrato para a execución dos traballos de redacción da documentación complementaria ao PXOM.
Expedientes relativos a licenzas de auto-taxi.
Solicitude de subvención á Deputación Provincial para instalación de herba artificial no campo de fútbol C.F. Chapela.

Expediente de sesión da Xunta de Goberno Local. Extraordinaria (08-08-2005)

Expediente de sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local do 8 de agosto de 2005:

Aprobación da solicitude de substitución de vehículo adscrito a licenza municipal nº 17.
Aprobación definitiva do procedemento para delimitación do polígono no ámbito da Travesía Pai Crespo, promovido por Promociones y Maderas Lago Rey S.L.

Expediente de sesión da Xunta de Goberno Local. Extraordinaria (11-07-2005)

Expediente de sesión extraordinaria e urxente da Xunta de Goberno Local do 11 de xullo de 2005:

Dar conta de sentenzas e autos xudiciais.
Dar conta da Resolución da Alcaldía de adxudicación de quiosco na praia de Cesantes.
Aprobación da solicitude de substitución de vehículo adscrito a licenza municipal de auto-turismo nº 40.
Asuntos de urbanismo.

Resultados 1 a 10 de 86