Unidad documental simple LUIS BORINES 045 e LUIS BORINES 045-2 - Tarxeta postal de vista de viaducto Á Coruña

Área de identidad

Código de referencia

ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 045 e LUIS BORINES 045-2

Título

Tarxeta postal de vista de viaducto Á Coruña

Fecha(s)

  • 1928 (Creation)

Nivel de descripción

Unidad documental simple

Volumen y soporte

Imaxe dixitalizada en .tiff

Área de contexto

Institución archivística

Historia archivística

Documento cedido temporalmente no 2022 por Luis Borines para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese o documento, postal ou fotografía en papel.

Origen del ingreso o transferencia

Área de contenido y estructura

Alcance y contenido

LUIS BORINES 045 e LUIS BORINES 045-2

9x14 cm. Fototipia sepia. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "26. Vigo. VIaducto de Redondela".

Nela aparece unha vista do Viaducto da Coruña no mesmo momento en que o ferrocarril pasa por él.
Deste xeito míranse os tellados das casas da subida á esfarrapada. Nunha desas casas apréciase, asomada á fiestra, dúas persoas e o que parece ser unha gaiola de paxaros.

Aparece tamén a presenza dos barcos que chegaban ata o actual aparcadoiro da Alameda de Redondela, na Ribeira. E o conxunto dos canastros debaixo do viaducto (hoxe en día na rúa Cabo dos Fumeiros)

No reverso obsérvase que é unha postal circulada o 14 de marzo do 1931 de Vigo a Madrid polo correo ordinario. O texto transcrito di: "Mi querido amigo: Hoy embarco. Me alegraré de que Doña Leonor siga bien, y se reponga pronto. Saludela lo mismo que a las muchachas. Muchos abrazos para vd (usted). Pepe" e vai dirixido ó Doutor Ruperto Merino na rúa Arenal nº 85 de Madrid.
Enténdese polo comezo do texto, que se trata dunha postal envíada antes de partir ambarcado.

A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.

Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".

Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.

Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.

Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Valorización, destrucción y programación

Acumulaciones

Sistema de arreglo

Área de condiciones de acceso y uso

Condiciones de acceso

Aceso e reprodución libre, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.

Condiciones

Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Luis Borines"

Idioma del material

Escritura del material

Notas sobre las lenguas y escrituras

Características físicas y requisitos técnicos

Instrumentos de descripción

Área de materiales relacionados

Existencia y localización de originales

Os orixinais están en posesión de Luis Borines, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.

Existencia y localización de copias

Unidades de descripción relacionadas

Descripciones relacionadas

Área de notas

Identificador/es alternativo(os)

Puntos de acceso

Puntos de acceso por materia

Puntos de acceso por lugar

Puntos de acceso por autoridad

Tipo de puntos de acceso

Área de control de la descripción

Identificador de la descripción

Identificador de la institución

DEPO00201161675

Reglas y/o convenciones usadas

Estado de elaboración

Nivel de detalle

Fechas de creación revisión eliminación

2022-02-18.

Idioma(s)

Escritura(s)

Fuentes

Nota del archivista

Imaxe descrita por Luis Borines Fernández (coleccionista de tarxetas postais) e Ana Gesteira Ponce, Auxiliar de Arquivo do Concello de Redondela.

Área de Ingreso

Materias relacionadas

Personas y organizaciones relacionadas

Tipos relacionados

Lugares relacionados