Unidad documental simple LUIS BORINES 062 e LUIS BORINES 062-2 - Pequeno cromo-Postal vista da praia de Rande, Cedeira

Área de identidad

Código de referencia

ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 062 e LUIS BORINES 062-2

Título

Pequeno cromo-Postal vista da praia de Rande, Cedeira

Fecha(s)

  • 1930 (Creation)

Nivel de descripción

Unidad documental simple

Volumen y soporte

Imaxe dixitalizada en .tiff

Área de contexto

Institución archivística

Historia archivística

Documento cedido temporalmente no 2022 por Luis Borines para a súa dixitalización. Unha vez escaneada en Arquivo, créase esta imaxe dixital e devólvese o documento, postal ou fotografía en papel.

Origen del ingreso o transferencia

Área de contenido y estructura

Alcance y contenido

LUIS BORINES 062 e LUIS BORINES 062-2

Pequeno cromo postal (65 x 48 mm) en sepia.
Título: "Prov. de Pontevedra, Vigo, Rande."
Cromo da "Serie de España" do Álbum "España y la América latina" número 202. Data aproximada 1930.

Neste caso trátase dunha imaxe da zona da praia de Cabanas, San Vicente de Trasmañó, limítrofe con Rande, Cedeira. Obsérvase ó fondo a silueta dunha fábrica que puidera ser a fábrica do Alemán, actual Museo de Meirande.

Nos anos 30 do pasado século, a Tabaqueira cubana Henry Clay anda Bock & Co. editou unha colección de pequenos cromos fotográficos que incluía nas caixas de cigarros (puros habanos) chamados "Susini Cigar" como agasallo publicatario ós seus compradores. Pegábanse no álbum "España y la América latina", de 28 x 36 cm., encadernado en tela e de 146 páxinas (coñecido coma "Álbum Susini"). Recollía un total de 2094 imaxes de diferentes vilas e cidades do estado español e de algúns países do continente americano, coas seguintes series:

.- Serie de España (1352 fotografías). Referentes ós seguintes sitios "Posesiones españolas: Islas canarias, Islas Baleares, Marruecos (129 fotografías)"

.- Serie de la América Latina: Cuba, Haití, República Dominicana, Puerto Rico, Curaçao, Méjico, Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Colombia, Venezuela, Ecuador, Paraguay, Uruguay, Brasil, Chile, Argentina, Perú, Bolivia (613 fotografías).

Na Serie de España, na que aparecen vistas de cidades e vilas das 4 provincias galegas, os cromos foron reproducidos a partir de fotografías tomadas a finais do século XIX e principios do s. XX, sendo a maior parte da producción da madrileña fototipia Hauser y Menet. Moitas delas publicáronse tamén coma tarxetas postais.

Valorización, destrucción y programación

Acumulaciones

Sistema de arreglo

Área de condiciones de acceso y uso

Condiciones de acceso

Aceso e reprodución libre, salvo con fins lucrativos ou uso pexorativo da imaxe das persoas reflexadas.

Condiciones

Toda reprodución ou publicación das imaxes deberá especificar a persoa ou familiar posuidora das mesmas: "Fondo Propiedade de Luis Borines"

Idioma del material

Escritura del material

Notas sobre las lenguas y escrituras

Características físicas y requisitos técnicos

Instrumentos de descripción

Área de materiales relacionados

Existencia y localización de originales

Os orixinais están en posesión de Luis Borines, que as cedeu temporalmente no seu día para a súa dixitalización.

Existencia y localización de copias

Unidades de descripción relacionadas

Descripciones relacionadas

Área de notas

Identificador/es alternativo(os)

Puntos de acceso

Puntos de acceso por materia

Puntos de acceso por lugar

Puntos de acceso por autoridad

Tipo de puntos de acceso

Área de control de la descripción

Identificador de la descripción

Identificador de la institución

DEPO00201165165

Reglas y/o convenciones usadas

Estado de elaboración

Nivel de detalle

Fechas de creación revisión eliminación

2022-03-11

Idioma(s)

Escritura(s)

Fuentes

Nota del archivista

Imaxe descrita por Luis Borines Fernández (coleccionista de tarxetas postais) e Ana Gesteira Ponce, Auxiliar de Arquivo do Concello de Redondela.

Área de Ingreso

Materias relacionadas

Personas y organizaciones relacionadas

Tipos relacionados

Lugares relacionados