Amosando 22 resultados

Descrición arquivística
Deslinde
Previsualización da impresión Ver:

Expedientes de división territorial

Agrupación de series que recolle aquela posible documentación que se tramita nos expedientes de modificacións e sinalamento das demarcacións dos límites do termo municipal, así como as alteracións ou cambios de configuración administrativa e institucional do seu territorio. Entre elas segregar parte dun ou varios concellos a fin para constituír outro independente, para creación de novos concellos ou para calquera modificación no ámbito territorial do concello; tamén poden recoller procesos de fusións ou a incorporación de parte do territorio dun municipio a outro. Poden existir ademais expedientes de cambio de capitalidade, de denominación do concello, modificacións parroquiais ou expediente de deslinde do termo municipal, que se instrúen para a demarcación, o deslinde e sinalización da liña do termo municipal.

Expedientes de deslindes

Expediente no que se sinalan e distinguen os termos dun lugar, parroquia, concello ou propiedade. Teñen especial interese porque delimitan o territorio das parroquias e dos concellos, fonte de moitos litixios, aportando os documentos oficiais e a planimetría dos mesmos en moitos casos, sendo de utilidade para outros concellos, administracións e particulares. A maior parte da información procede do Instituto Xeográfico Nacional e dos organismos oficiais implicados na ordenación do territorio.

Expediente xeral do reemprazo. (1977)

Expediente sobre deslinde de terreos na zona marítimo - terrestre da ría de Vigo, en punta do Cabo, na praia de Cesantes, Redondela, solicitado polo concello de Redondela para construción de camping

Resultados 1 a 10 de 22