Amosando 13 resultados

Descrición arquivística
Festa local
Previsualización da impresión Ver:

Tarxeta postal

LUIS BORINES 004 e LUIS BORINES 004-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal vista parcial de Redondela. Década dos 1910

Fotografía da procesión da Festa da Coca

JA XESTEIRA 001. Expediente 4458/2018

Fotografía da procesión da Festa da Coca de 1920 (aproximadamente) ó seu paso polas rúas actuais General Rubín, Praza de Santiago e Ribeira de Redondela.

Na procesión pódense diferenciar diferentes partes: unha dianteira de portadores e imaxes relixiosas (Virxe da Gabacha, a Sagrada Familia, Jesús) coa presenza dos curas e dos monaguillos; a continuación a Danza das espadas; detrás deles o palio; e por último a banda de música.

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 002. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece José Ángel Gesteira de espaldas, recollendo o premio ó Maio da man do Alcalde na praza do 18 de Xullo (hoxe Praza da Constitución 1812), ante a mirada do público.

de esquerda a dereita: Bernardo Soto (Sotivo) de pe, Teruca Patolas; sentados: Don Enrique (mestre do grupo escolar), Rosario Cal (tapada pola cabeza de José Ángel), Juan Muiños (alcalde), Diego San José; Paco Pereira e Amado González Caradama.

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 004 e JA XESTEIRA 004 envés. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece o Maio con forma de cono feito con fiuncho, flores, calas e con dous bonecos vestidos co traxe tradicional galego subindo por unha escaleira; O grupo de nenos posacos paus da actuación e a bolsa de tela para recoller as axudas, na actual rúa Santa Mariña.

No grupo dos nenos están de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Isidoro Migueles Docampo, Carlos Pazos Docampo. Agachados: Jaime Pazos Docampo, Alberto Pazos Docampo, Eduardo Soto López.

Recoñécese ó fondo a capela de Santa Mariña, aínda cun lateral cuberto de cal.

Na Fotografía JA XESTEIRA 004 envés aparece o texto pon "Debes conocer por lo menos a 6. Cantábamos todos menos Jandro".

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 003. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece a propia actuación do maio "Maio de Santa Mariña" na Praza do 18 de Xullo (hoxe Praza da Constitución de 1812): nenos batendo os paus ó redor da figura dun maio tradicional con forma de cono e feito de fiuncho, flores, laranxas.

No grupo dos nenos que actúan están: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Alberto Pazos Docampo, Jaime Pazos Docampo; Carlos Pazos Docampo, Eduardo Soto, Domingo .

No grupo do Xurado do Concurso dos maios: Juan Muiños (alcalde), Rosario Cal (mestra), Paco Pereira, Amado González Cardama, Diego San José, Don Enrique (mestre), Antonio Soto "Sotivo" (funcionario do concello) e o seu pai (Serafín Gesteira Fernández) na praza da Constitución, ante a mirada do público.

Festa da Coca (1981)

Documentación relativa á Festa da Coca do 1981:

.- Contratos con orquestas
.- Postos da Feira: sorteos e pagos.
.- Facturas

Resultados 1 a 10 de 13