Amosando 48 resultados

Descrición arquivística
Facenda local
Previsualización da impresión Ver:

FACENDA

A Facenda Local encargase de desenvolver as actividades económicas locais; e dicir, xestionar os ingresos e gastos locais coa intención de satisfacelas necesidades do municipio.

Dende o século XII ó XVIII os ingresos municipais estiveron formados polos bens de propios ou patrimoniais: tendas, mercados, censos, devesas, muíños, etc.; bens comunais: montes, caza, pesca, etc.; e tamén polos arbitrios propios que xeralmente gravaban o consumo.

O maiordomo encargábase da fiscalización dos ingresos e gastos, asumía a xestión e recadación de ingresos; e actuaba como depositario e custodio de todo o recadado. No século XIV apareceu a figurado Contador, a súa función era censuralas contas que rendía periodicamente o Mordomo. En 1761 esa labor fiscalizadora de contas pasou a desenvolvela a Xunta de Propios e Arbitrios, composta por alcaldes, rexedores e procurador síndico; a cal, tamén se encargou de presentar ante a Contadoría Xeral as contas xeradas pola administración dos propios e arbitrios municipais.

A Facenda Local dos séculos XIX e XX caracterizouse polo intento de unir e suprimir a grande cantidade de arbitrios que existían e polo intento de que os municipios adquirisen autonomía financeira. A principios do século XIX o sistema impositivo nacional buscaba a creación dunha única contribución ou contribución directa, como consecuencia diso suprimíronse as rendas provinciais como: alcabalas, centos, millóns, servizos ordinarios e extraordinarios; aínda que apareceron novas cargas.

As facendas locais coa desamortización dos bens de propios de Madoz (1855), sufriron un importante troco xa que pasaron de ser fundamentalmente patrimonialista a ser eminentemente fiscais. Durante a segunda metade do século XIX e primeira metade do século XX, os ingresos municipais nútrense de diversos impostos como foron: pesos e medidas, consumos, carruaxes de luxo, expedición de documentos, bebidas espirituosas, amillaramentos, soares sen edificar, incremento de valor dos terreos, etc.; e da participación nos impostos cedidos total ou parcialmente polo estado.

Finalmente, a Constitución de 1978, que proclamaba o principio de suficiencia financeira das entidades locais, e a reforma das facendas locais promovida pola Lei 39/88, serviron para a reordenación do réxime presupostario dos entes locais e do sistema de recursos, suprimíronse moitos dos impostos recadados con anterioridade e os ingresos quedaron configurados principalmente polo cobro do imposto de bens inmobles, o imposto de actividades económicas e o imposto do vehículos de tracción mecánica.

En canto os oficios municipais destacar que durante as primeiras décadas do século XIX os encargados da xestión económica eran os depositarios, os secretarios e os alcaldes, sempre baixo a supervisión do Concello. Na segunda metade do século XIX reapareceu a figura do Contador, el tiña baixo o seu cargo a oficina de contas, os libros de contabilidade, preparaba os presupostos e promovía os libramentos. As competencias do contador foron evolucionando, o longo do século XX, facía o que hoxe se coñece como interventor de fondos. Así mesmo, o Depositario que perdera as competencias en favor do contador, o cal se encargara da custodia de valores e de depósitos e do pagamento de libramentos, foi evolucionando cara o que hoxe se coñece como o tesoureiro municipal. Outras institucións importantes foron a Xunta Pericial e a Xunta Municipal de Asociados.

Resultados 1 a 10 de 48