Amosando 4653 resultados

Descrición arquivística
Fotografía
Previsualización da impresión Ver:

3297 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Tarxeta Publicitaria Librería Julián Buceta

LUIS BORINES 067 e LUIS BORINES 067-2

Tarxeta publicitaria (9x14cm) da libraría Julián Buceta de Vigo. Impresa en fotograbado pola editorial Huecograbado Vasco de Bilbao. O reverso emprégase como pedido editorial da libraría.
Circulou o 3 de abril de 1934.

No anverso aparece unha imaxe do frontal da Libraría e os seus escaparates, cunha visión lonxana do seu interior onde se distinguen dous homes (un diante do mostrador, outro destrás) posando para a fotografía. O escaparate da libraría reflexa tamén o seu cartel co número 56 e o nome "Librería Julian Buceta", así coma carteis publicitarios de "Pluma fuentes Swan"
A imaxe ven acompañada dos textos: "Material escolar; plumas stilográficas; Libros comerciales" na marxe superior; e "Policarpo Sanz nº 56, teléfono 1132; Vigo" na marxe inferior.

No seu revereso, un pedido publicitario do 7 de abril do 1974, cirulado co selo da república española de 2 céntimos. Co seguinte texto: " Vigo, 3 de abril de 1934. Muy señor mío: Sírvase remitir por correo certificado lo siguiente: La perla de las promesas (primeros viernes del mes). El nuevo testamento Evangelios encuad º. V affmo s s Julián Buceta". E coma destinataria aparace a Librería Religiosa Hernández da rúa Paz nº 6 de Madrid.

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Tarxeta postal vista panorámica de Redondela

LUIS BORINES 006 e LUIS BORINES 006-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal en sepia sen circular. Fototipia. Medida 9x28 cm.
Vista panorámica de Redondela co viaducto de Ourense á esquerda, a Alameda e o casco urbán e o viaducto a Coruña. O río Alvedosa xa aparece canalizado ó seu paso pola Alameda e a actual rúa Xeneral Rubín.

Década dos 1920.

Edición anónima (aquela na que non fingura nin o nome do impresor nin o nome do editor). Sen embargo a tipografía, no texto e no reverso, é similar á empregada nas postais da Editorial GRAFOS de Madrid, polo que puidera ser un encargo dalgún distribuidor local a dita editorial.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal vista panorámica de Redondela

LUIS BORINES 005 e LUIS BORINES 005-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal en sepia sen circular. Fototipia. Medida 9x28 cm.
Vista panorámica de Redondela co viaducto de Ourense á esquerda, a Alameda e o casco urbán e o viaducto a Coruña. O río Alvedosa xa aparece canalizado ó seu paso pola Alameda e a actual rúa Xeneral Rubín.
Sobre o anverso, escrito a man, aparecen dúas inscripcións en tinta con flechas "Camino de Vigo y Bayona" e "Lazareto San Simón". Aparece tamén con tipografía o título "REDONDELA Vista general"
Década dos 1920.

Edición anónima (aquela na que non fingura nin o nome do impresor nin o nome do editor). Sen embargo a tipografía, no texto e no reverso, é similar á empregada nas postais da Editorial GRAFOS de Madrid, polo que puidera ser un encargo dalgún distribuidor local a dita editorial.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal vista de Redondela

LUIS BORINES 008 e LUIS BORINES 008-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal en b/n sen circular. Fototipia. Medida 9x14 cm.
Vista parcial de Redondela da entrada do pobo pola actual rúa José Regojo, vista da Praza da Farola, a Xunqueira, Igrexa de Santiago de Redondela, Viaducto Vigo a Coruña.
Anos 1911-1915.

Trátase dunha postal da Fototipia Castañeira y Álvarez de Madrid. Casa editorial establecida en Madrid, no nº 5 da rúa Ferrer del Río especilalizada en fototipia (método de impresión fotomecánica empregado ata mediados do s.XX na impresión de tarxetas postais).
Foi moi prolífica na impresión e edición de postais entre os anos 1906 e 1918, comezando unha serie xeral numerada de diferentes cidades de España.
Durante 1911 a 1915 realizou un importante traballo de edición de series de tarxetas de moitas vilas do territorio nacional.
No ano 1915 esta editorial asociase con Levenfeld e pasa a chamarse comercialmente "Castañeira, Álvarez e Levenfeld".
Esta serie de Redondela está composta de 12 tarxetas en branco e negro, máis unha panorámica dobre, e coa descrición en vermello no anverso.
Descoñecese o fotógrafo.

Tarxeta postal Vigo. Redondela- vista xeral

LUIS BORINES 068 e LUIS BORINES 068-2

Tarxeta postal (9x14cm) circulada o 4 de agosto de 1912. Fototipia en branco e negro edición propia da libraría Julián Buceta de Vigo c.a. 1910.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

No anverso aparece unha vista do centro de Redondela sacada dende o alto do viaducto á Coruña. A actual rúa da Ribeira, Praza da Constitución. Visualizando o antigo mercado de peixe, o antigo mercado da froita e carne (ubicado no actual sitio da Casa do Concello de Redondela), a igrexa de Santiago de Redondela e o casco antigo da vila. Trátase dun momento previo á canalización do río Alvedosa e futuras obras de aterramento.

No seu revereso obsérvase que está circulada o 4 de agosto do 1912 e vai dirixida a Señor Don Ramón Linares na rúa Pérez Castellanos nº 2, Montevideo (Uruguay) e o texto, transcrito, di:
"Con mi esposa enviamos al estimado amigo y apreciada familia un saludo cariñosom se paso que les deseamos toda clase de felicidades. Estos pueblos son lo más pintorescos y hermosos pero con todo suspiramos por la incomparable Montevideoa donde deseamos volver pronto. Suyo affmo. José Criado. 4-8-1912". E nun lateral aparece especificado o nome do productor: Papelería Julián Buceta. Vigo, Policarpo Sanz 56.

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Tarxeta postal Vigo. Redondela- vista xeral

LUIS BORINES 069 e LUIS BORINES 069-2

Tarxeta postal (9x14cm) circulada o 4 de agosto de 1912. Fototipia con impresión en cor (fototipa + tricomía) edición propia da libraría Julián Buceta de Vigo c.a. 1910.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

No anverso aparece unha vista do centro de Redondela sacada dende o alto do viaducto á Coruña. A actual rúa da Ribeira, Praza da Constitución. Visualizando o antigo mercado de peixe, o antigo mercado da froita e carne (ubicado no actual sitio da Casa do Concello de Redondela), a igrexa de Santiago de Redondela e o casco antigo da vila. Trátase dun momento previo á canalización do río Alvedosa e futuras obras de aterramento.

No seu revereso obsérvase que está circulada o 10 de Maio probablemente de 1910 "Madanne Paulin Doullet. G Lempis. France".

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Tarxeta postal Vigo: Lazareto de San Simón

LUIS BORINES 076 e LUIS BORINES 076-2

Tarxeta postal (9x14cm). Fototipia en branco e negro (procede de caderno postal) circulada.
Edición pola Fototipia Hauser e Menet de Madrid para librería J. Buceta - Vigo.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

No anverso aparece unha vista da Illa de San Simón namentres funcionaba coma lazareto. Distínguense tres edificacións e a ponte que une as illas San Simón e San Antón.

No seu revereso atopamos unha postal circulada o 1946-08-02. A postal foi producida no 1920, mais o paso da guerra civil española puido facilitar a tardanza da súa circulación.
o Texto, transcrito pon:
"1-8-946
Amanhá vamos para a Corunha, a viagem tem corrido bem, mas o calor é horrivel. Na segunda-feira voltamos para Vigo e quarta seguimos para casa. Saúdades.
Minha señora
D. María Amelia Pinheiro
Rúa P. Luz Cabal 1069. Foz do Douro. Portugal"

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Tarxeta postal Vigo: Lazareto de San Simón

LUIS BORINES 077 e LUIS BORINES 077-2

Tarxeta postal (9x14cm). Fototipia sen circular, coloreada con acuarelas coa axuda de plantillas.
Edición propia da librería J. Buceta - Vigo usando a mesma imaxe producida por Hauser y Menet.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

No anverso aparece unha vista da Illa de San Simón namentres funcionaba coma lazareto. Distínguense tres edificacións e a ponte que une as illas San Simón e San Antón.

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Tarxeta postal Vigo: Lazareto de San Simón

LUIS BORINES 079 e LUIS BORINES 079-2

Tarxeta postal (9x14cm). Fototipia en branco e negro sen circular.
Edición da Editorial Fototipia Castañer e Álvarez de Madrid para a librería J. Buceta - Vigo.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

No anverso aparece unha vista da Illa de San Simón e a antiga estrada a Pontevedra, sacada dende Soutoxusto, O Viso.

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Tarxeta postal Vigo: Lazareto de San Simón

LUIS BORINES 075 e LUIS BORINES 075-2

Tarxeta postal (9x14cm). Fototipia en branco e negro (procede de caderno postal). Aproximadamente do 1920 polo tipo de sello, mais o carimbo non ten data lexible.
Edición pola Fototipia Hauser e Menet de Madrid para librería J. Buceta - Vigo.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

No anverso aparece unha vista da Illa de San Simón namentres funcionaba coma lazareto. Distínguense tres edificacións e a ponte que une as illas San Simón e San Antón.

No seu revereso obsérvase o nome da Librería Julián Buceta, editora da mesma. A productora é Hauser e Menet. Está circulada sen texto e coa seguinte dirección:
"Nicolas Gervais
a Ponteves par Barjols- Var. France"

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Resultados 1 a 10 de 4653