Amosando 25 resultados

Descrición arquivística
Delegación de funcións
Previsualización da impresión Ver:

Expedientes do Alcalde-Delegado Gobernativo

Agrupación de series que recollen a documentación relacionada coa figura do alcalde en calidade de representante da administración central no seu territorio: sancións gobernativas, apercibimentos, achados de bens, permisos de armas, cédulas persoais, lotarías, comparecencias...

Destacan os relacionados cos gardas xurados ou vixiantes: expediente polo que o Alcalde como delegado gobernativo nomea a unha persoa encargada da custodia dos bens particulares mediante proposta do propietario dos mesmos.

Expediente de renuncia substitución do Alcalde por Xosé Carlos Pazos Docampo e nomeamento de substitución do Alcalde por Manuel Javier Núñez Salgado (2000)

Renuncia substitución do alcalde por Xosé Carlos Pazos Docampo en resolución de Alcaldía de 07/08/00 e nomeamento de substitución alcalde por Manuel Javier Núñez Salgado por resolución de Alcaldía de 7 de Agosto de 2000 (7/08/00).

Expediente de nomeamentos de delegados de comisións. Resolución de suspensión (20-09-1999)

Resolución do 20 de setembro de 1996 que deixa sen efecto a resolución do 26 de xullo de 1995 e, por tanto, os nomeamentos de:

José Blanco Puga: Comisión de Facenda e Patrimonio.
Manuel Iglesias Carrera: Comisión de Deportes.
Jaime Tornero López: Comisión de Interior.
Emilio González Iglesias: Comisión de urbanismo e sanidade.
Luis Alberto Orge Míguez: Comisión de cultura.

Expediente de nomeamento dos delegados das comisións. Resolución de suspensión (28-08-1996)

  • ES.GA.36045.AM.RED.1-1-1-6-6.004/1
  • Unidade documental composta
  • 1996-08-28
  • Parte de CONCELLO DE REDONDELA

Resolución do 28 de Agosto de 1996 que deixa sen efecto os nomeamentos de:

Josefa Villaverde Rodríguez: como delegada de parques, xardíns, ornamentación, mercados, policía local e tráfico.
Manuel Iglesias Carrera: como delegado de vías e obras.
Jaime Tornero López: como delegado de participación ciudadana, protección civil, muller e personal.
Luis Alberto Orge Míguez: como delegado de cultura.

Resultados 1 a 10 de 25