Amosando 2 resultados

Descrición arquivística
Only top-level descriptions Arquivo municipal de Redondela
Previsualización da impresión Ver:

CONCELLO DE REDONDELA

  • ES.GA.36045.AM.RED.1
  • Fondos
  • 1848-00-00 - 2022-00-00

A pesares do elevado número de unidades de instalación, superior á media provincial, a maior parte da documentación corresponde ó século XX, sendo raros os documentos do dezanove, agás casos concretos: os impostos por contribución rústica e urbana dende 1848; a documentación presupostaria dende 1880, e os libros de actas do Pleno que so se conservan dende 1870 e cunha notable lagoa nos anos 1894 a 1907, o que conleva a ausencia duna notable fonte de información.
En casos como os dos padróns municipais de habitantes (1920), eleccións e censos electorais (1955), as quintas (1923) ou mesmo o persoal municipal (1911), a documentación máis antiga pertence ó século pasado.