Tarxeta postal da rúa Ribera de Redondela
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 010 e LUIS BORINES 010-2
- Unidade documental simple
- 1911-1915
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 010 e LUIS BORINES 010-2. Expediente 3661/2020
Tarxeta postal en b/n sen circular. Fototipia. Medida 9x14 cm.
Vista da rúa Ribera e viaducto Vigo A Coruña.
Tarxeta onde aparecen as casas cos antigos soportais (hoxe desaparecidos) nos que se aprecia o cartel de dúas barberías: Martínez (Pisquito); ó fondo, a Fonte de Santiago no seu emprazamento orixinal; na actual praza da Constitución, obsérvanse os antigos bancos de pedra.
Anos 1911-1915.
Trátase dunha postal da Fototipia Castañeira y Álvarez de Madrid. Casa editorial establecida en Madrid, no nº 5 da rúa Ferrer del Río especilalizada en fototipia (método de impresión fotomecánica empregado ata mediados do s.XX na impresión de tarxetas postais).
Foi moi prolífica na impresión e edición de postais entre os anos 1906 e 1918, comezando unha serie xeral numerada de diferentes cidades de España.
Durante 1911 a 1915 realizou un importante traballo de edición de series de tarxetas de moitas vilas do territorio nacional.
No ano 1915 esta editorial asociase con Levenfeld e pasa a chamarse comercialmente "Castañeira, Álvarez e Levenfeld".
Esta serie de Redondela está composta de 12 tarxetas en branco e negro, máis unha panorámica dobre, e coa descrición en vermello no anverso.
Descoñecese o fotógrafo.