Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Fotografía de 2 amigos posando

JUAN BAUTISTA BLANCO 019. Expediente 3339/2021

Fotografía de Juan Bautista Blanco e un amigo posando na estrada á praia (actual Avenida Mendiño) antes do seu recheo. Ó fondo, distínguese a actual Avenida de Santa Mariña.

Fotografía de 2 amigas posando

JUAN BAUTISTA BLANCO 020. Expediente 3339/2021

Fotografía de García e unha amiga posando na estrada á praia (actual Avenida Mendiño) antes do seu recheo.

Fotografía da procesión da Festa da Coca

JA XESTEIRA 001. Expediente 4458/2018

Fotografía da procesión da Festa da Coca de 1920 (aproximadamente) ó seu paso polas rúas actuais General Rubín, Praza de Santiago e Ribeira de Redondela.

Na procesión pódense diferenciar diferentes partes: unha dianteira de portadores e imaxes relixiosas (Virxe da Gabacha, a Sagrada Familia, Jesús) coa presenza dos curas e dos monaguillos; a continuación a Danza das espadas; detrás deles o palio; e por último a banda de música.

Fotografía da Impalada

JUAN BAUTISTA BLANCO 066. Expediente 3339/2021

Fotografía da conmemoración da Impalada, homenaxe ós 50 anos da moto Montesa Impala o 9 de xuño do 2012 en Barcelona. Juan Bautista montado nunha montesa impala.

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 002. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece José Ángel Gesteira de espaldas, recollendo o premio ó Maio da man do Alcalde na praza do 18 de Xullo (hoxe Praza da Constitución 1812), ante a mirada do público.

de esquerda a dereita: Bernardo Soto (Sotivo) de pe, Teruca Patolas; sentados: Don Enrique (mestre do grupo escolar), Rosario Cal (tapada pola cabeza de José Ángel), Juan Muiños (alcalde), Diego San José; Paco Pereira e Amado González Caradama.

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 004 e JA XESTEIRA 004 envés. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece o Maio con forma de cono feito con fiuncho, flores, calas e con dous bonecos vestidos co traxe tradicional galego subindo por unha escaleira; O grupo de nenos posacos paus da actuación e a bolsa de tela para recoller as axudas, na actual rúa Santa Mariña.

No grupo dos nenos están de esquerda a dereita e de arriba a abaixo: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Isidoro Migueles Docampo, Carlos Pazos Docampo. Agachados: Jaime Pazos Docampo, Alberto Pazos Docampo, Eduardo Soto López.

Recoñécese ó fondo a capela de Santa Mariña, aínda cun lateral cuberto de cal.

Na Fotografía JA XESTEIRA 004 envés aparece o texto pon "Debes conocer por lo menos a 6. Cantábamos todos menos Jandro".

Fotografía da Festa dos Maios

JA XESTEIRA 003. Expediente 4458/2018

Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece a propia actuación do maio "Maio de Santa Mariña" na Praza do 18 de Xullo (hoxe Praza da Constitución de 1812): nenos batendo os paus ó redor da figura dun maio tradicional con forma de cono e feito de fiuncho, flores, laranxas.

No grupo dos nenos que actúan están: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Alberto Pazos Docampo, Jaime Pazos Docampo; Carlos Pazos Docampo, Eduardo Soto, Domingo .

No grupo do Xurado do Concurso dos maios: Juan Muiños (alcalde), Rosario Cal (mestra), Paco Pereira, Amado González Cardama, Diego San José, Don Enrique (mestre), Antonio Soto "Sotivo" (funcionario do concello) e o seu pai (Serafín Gesteira Fernández) na praza da Constitución, ante a mirada do público.

Fotografía da Festa dos Maios

FRANCISCO REBOREDO SURÍS 036. Expediente 4462/2018

Fotografía de Festa dos Maios na actual Praza da Constitución 1812: nenas cantando con paus ó redor dun maio tradicional con forma de cono. Década dos 1960.

Fotografía da Festa da Coca

JA XESTEIRA 060 Expediente 4458/2018

Fotografía de Festa da Coca diante da casa do Concello: abuelito, cabezudos, gaiteiros e banda de música. Ano 1975.

Persoas recoñecidas: Juan Choco.

Resultados 8431 a 8440 de 21327