Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio do 1967 do Maio "Os coitados" na Praza de 18 de Julio (hoxe Praza da Constitución).
Ó redor dun maio con forma de carro de bois, un compoñente le as complas e o resto anda ó redor do maio nun sentido batendo dous paus ó compás. Cando o solista remata de cantar a copla, os acompañantes cambian de sentido e repiten a copla cantada.
Persoas recoñecidas (de dereita a esquerda): Raimundo Cal Cortizas (Mundo), Joaquín Iglesias (Quinete).
Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio do 1968 do Maio "Maio a Ponte" na Praza de 18 de Julio (hoxe Praza da Constitución). Ó redor dun maio con forma de viaducto de Redondela, un compoñente le as complas e o resto anda ó redor do maio nun sentido batendo dous paus ó compás. Cando o solista remata de cantar a copla, os acompañantes cambian de sentido e repiten a copla cantada.
Persoas recoñecidas (de dereita a esquerda): Mari Chelo (no público)
Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio, nun palco na Alameda de Redondela, dun Maio con forma de bocoi, barril de viño con estatua de Xan Carallás exposto diante da Casa do Concello.
Un compoñente le as complas e o resto camiña ó redor do maio nun sentido batendo dous paus ó compás. Cando o solista remata de cantar a copla, os acompañantes cambian de sentido e repiten a copla cantada.
Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio do 1970, nun palco na Alameda de Redondela, dun Maio con forma de canastro.
Un compoñente le as complas e o resto camiña ó redor do maio nun sentido batendo dous paus ó compás. Cando o solista remata de cantar a copla, os acompañantes cambian de sentido e repiten a copla cantada.
Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio do 1970, nun palco na Alameda de Redondela, do maio "A Roda" con forma de roda de presa e gañador do 1º premio a maios.