Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Fotografía de grupo de persoas nunha verbena

JUAN BAUTISTA BLANCO 050. Expediente 3339/2021

Fotografía de grupo de persoas nunha verbena. Década dos 1950

Persoas recoñecidas: Juan Baustista Blanco Montes (terceiro pola esquerda), Juan Bautista Blanco García (cuarto pola esquerda, neno).

Fotografía de grupo de persoas nun curso

JA XESTEIRA 051 Expediente 4458/2018

Fotografía de grupo de persoas recibindo un diploma tra-la impartición de curso. Década dos 1960.

Persoas recoñecias (de esquerda a dereita): Paco, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro, Mario Reboredo Rodríguez, Chicho Rivadulla, Barriguti, Pompeo, Magariñas, Perillán, Tonú, Fermin Alfaya, Antonio Ocampo, Chevós.

Fotografía de grupo de persoas no lavadoiro

FAMILIA PEREDA PÉREZ 003. Expediente 4466/2018

Fotografía de grupo de amigos e amigas vestidos en día de festa, adornadas con flores (elas) e canotiers (eles) posando ó lado dun lavadoiro e un paseo de parra cunhas curiosas columnas xeométricas de pedra cun adorno de cubos labrados nela. Pola vestimenta, podería ser de principios do s. XX (1920).

Fotografía de grupo de persoas no exterior dunha casa

JUAN BAUTISTA BLANCO 056. Expediente 3339/2021

Fotografía de matrimonio ancián sentado no exterior dunha casa de pedra acompañados por dúas nenas pequenas e dúas mulleres. O ancián lendo o periódico. Década dos 1950.

Fotografía de grupo de persoas no exterior dun Bar

ANA CARREIRA 011 Expediente 4456/2018

Fotografía de grupo de amigas posando na parte traseira do Hotel España en Redondela. Década dos 1960

Persoas recoñecidas: de esquerda a dereita: descoñecida, descoñecida, descoñecido, Ana Carreira Fernández.

Fotografía de grupo de persoas no antigo Restaurante Pucho Barciela

PUCHO BARCIELA 011. Expediente 4289/2021

Fotografía de grupo de persoas na terraza da parte traseira, da Xunqueira, do antigo Restaurante Barciela. 1946.

Persoas recoñecidas (de esquerda a dereita): Jesusa, Manolo Pecas (traballador do Restaurante Barciela), Rita a de Raxado (Barciela, prima de Pucho) ,Pucho Barciela (de neno con peto oscuro) e Gina (filla de Juana que vendía fruta no Pardiñeiro enriba da pedra poñía a fruta tódolos días).

Resultados 7951 a 7960 de 21327