Fotografía da festa dos Maios: Maio tradicional con forma de cono, exposto na praza 18 de Julio (hoxe Praza da Constitución 1812) xunto ós seus integrantes.
Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente finais da década dos 1960.
Fotografía da festa dos Maios: Maio con forma de fonte de Santiago exposto na Praza de 18 de Julio (hoxe Praza da Constitución). Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente do 1968.
Persoas recoñecidas (de dereita a esquerda): Alonso Martínez (home do fondo), Fita Molinos (nena á dereita do maio).
Fotografía da festa dos Maios: Maio "Os Homiños" con forma de bocoi de viño, exposto na Alameda de Redondela rodeado dos seus integrantes coas coplas que serán vendidas.
Os maios antes e despois da actuación, son expostos nas rúas para que as persoas podan observalo con calma.
Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio, nun palco na Alameda de Redondela, dun Maio con forma de palloza e carro de bois. 1970.
Un compoñente le as complas e o resto camiña ó redor do maio nun sentido batendo dous paus ó compás. Cando o solista remata de cantar a copla, os acompañantes cambian de sentido e repiten a copla cantada.
Fotografía da festa dos Maios: Maio con forma de bocoi, barril de viño con estatua de Xan Carallás exposto diante da Casa do Concello. Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente da década dos 1970.
Fotografía da festa dos Maios: Maio con forma de canastro exposto diante da Casa do Concello. Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente da década dos 1970.
Fotografía da festa dos Maios: Maio tradicional con forma de cohete Apolo, exposto diante da Casa do Concello.
Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Os maios figurativos representan ás veces figuras relacionadas con acontecementos do momento, coma este caso relacionado co Apolo 11 enviado á lúa no 1969.