Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Contribución territorial rústica

Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial rústica, repartida entre os veciños en base a propiedade de terrenos e a cualidade e capacidade dos mesmos. Atopamos os libro de afanegados, os amillaramentos e a documentación xenerada para a elaboración dos mesmos e as súas modificacións sucesivas; dende mediados do século XX aparecen os padróns de rústica e os cadernos auxiliares para a súa elaboración e modificación anual.

Contribución territorial urbana

Recolle a documentación do pagamento de imposto por contribución territorial por bens de natureza urbana, tanto os repartimentos e padróns, como a documentación para o seu mantemento: altas, baixas e modificacións de datos.

Contribucións especiais

Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se determina a tributación polo beneficio ou aumento de valor dos bens de persoas físicas ou xurídicas, como consecuencia da realización de obras públicas ou do establecemento ou ampliación de servizos públicos. Aparecen en 1840, anque a primeira regulación do mesmo aparece n 1917

Contribucións usos e consumos

Agrupación de series con rexistros e expedientes polo que se grava o consumo de especies de viño, sidra, augardente, licores, aceites, xabón e carnes, concibido como un imposto municipal sobre os comestibles e outros xéneros que se introducen nunha poboación para vendelos ou consumilos nela.

Inclúe o Repartimento Xeral de Utilidades, establecido en 1840 autorizando a facer un reparto veciñal para cubrir gastos municipais en relación coas utilidades existentes en cada parroquia.

Control de horarios

Documentos para o efectivo control da cumprimento do horario dos funcionarios: fichaxes, sinaturas…

Convenio con ANFEVI para a colaboración mutua para o reciclado do vidro (1997)

Partes do convenio: Concello de Redondela (representado polo Alcalde, Amado Ricón Virulegio), Urbarser, S.A. (representado por Jaime Martínez Anido) e a Asociación Nacional de Empresas de Fabricación Automática de Envases de Vidro (Anfevi) representada por Juan Manuel Martín Cano.
Asunto: Convenio con Anfevi: colaboración mutua para o reciclado do vidro. Anfevi recepciona todo o vidro do concello de Redondela, o cal xestiona as actuacións a través de Urbaser, S.A.
Lugar: Concello de Redondela.

Convenio con clínicas veterinarias (2002)

Convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e as clínicas veterinarias para a transmisión de información necesaria para a creación dun censo canino. Ano 2002.

"Clínica Veterinaria Santa Mariña",
"Clínica veterinaria La Farola" e
"Centro veterinario Rías Baixas",

Convenio con SOGAMA sobre resíduos voluminosos (2009-2010)

  • ES.GA.36045.AM.RED.1-1-1-10-8.484/7
  • Unidade documental composta
  • 2009-2010
  • Parte de CONCELLO DE REDONDELA

Asunto: Residuos voluminosos. Convenio. Contén:

Sogama comunica a data de finalización de recepción de resíduos voluminosos.
Urbaser solcita ao concello de Redondela que comunique os xestores autorizados para levar os residuos voluminosos.
Presuposto de Urbaser en relación cos residuos voluminosos.
Convenio de colaboración dirixido a sufragar os gastos de recollida dos residuos voluminosos. Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e o concello de Redondela.
Convenio de colaboración entre a Consellaría de Medio Ambiente e o concello de Redondela para a xestión de resíduos voluminosos.

Resultados 7851 a 7860 de 21327