Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Fotografía de rúa General Rubín, Avenida Mendiño e Calvo Sotelo, Redondela.

JA XESTEIRA 011. Expediente 4458/2018

Fotografía do cruce da rúa General Rubín, a actual Avenida Mendiño e a antiga rúa Calvo Sotelo (hoxe Avenida de Santa Mariña) ó seu paso pola curva pé de Pote, antes da construción do escalextric. Mírase o Café Bar Rivas a construcción do colexio de E.X.B. e obras de aterrado da marisma e o río Pexegueiro, polo que a datación sería na década dos '70.

Fotografía de rúa en Reboreda

JA XESTEIRA 009. Expediente 4458/2018

Fotografía da actual estrada Camiño do Convento en Reboreda, Redondela. Antigamente, un camiño que partía do Xogo dos bolos coas casas antigas propiedade de Serafín Gesteira Loural e Francisca Fernández Couñago. Década dos '1960.

Fotografía de rúa Calvo Sotelo, Redondela.

JA XESTEIRA 010. Expediente 4458/2018

Fotografía da antiga rúa Calvo Sotelo (hoxe Avenida de Santa Mariña) ó seu paso pola "curva de Cachudo", antes da construción do escalextric. Mírase a Sala de Festas Miramar, o Café Bar Rivas e a capela de Santa Mariña co exterior aínda caleado, e xa está construído o colexio de E.X.B., polo que a datación sería na década dos '70.

Fotografía de reunión de secretarios xerais

CELSO MILLEIRO 008. Expediente 5359/2017

Fotografía en branco e negro de grupo amplo de homes posando no exterior dunha edificación. Podería tratarse da Xuntanza de secretarios municipais a nivel España, no Congreso celebrado en Zaragoza no 1928.

Persoas recoñecidas: Celso Milleiro Seoane (home sentado segundo pola esquerda, coas manos sobre o canotier), Secretario do Concello de Redondela do 1936 ó 1937;

Copia de CELSO MILLEIRO 003

Fotografía de reunión de secretarios xerais

CELSO MILLEIRO 003. Expediente 5359/2017

Fotografía en branco e negro de grupo amplo de homes posando no exterior dunha edificación. Podería tratarse da Xuntanza de secretarios municipais a nivel España, no Congreso celebrado en Zaragoza no 1928.

Persoas recoñecidas: Celso Milleiro Seoane (home sentado segundo pola esquerda, coas manos sobre o canotier), Secretario do Concello de Redondela do 1936 ó 1937;

Fotografía de retrato familiar

CELSO MILLEIRO 002 e CELSO MILLEIRO 002-2. Expediente 5359/2017

Fotografía de 3 persoas posando cun trampantollo típico das festas locais. Dúas mulleres de pe e un gome sentado.
Persoas recoñecidas: Celso Milleiro Seoane (home sentado), Secretario do Concello de Redondela do 1936 ó 1937; Elisa Milleiro Sampedro (de pé á esquerda).

No envés descubrimos queé unha fotografía convertida en tarxeta postal firmada por "Ocaña e hijos. Vigo. Corresponsales artísticos de Blanco y Negro, Centro artístico fotográfico en Príncipe nº 32".

Fotografía de retrato de estudio de familia Pazos Cabaleiro

JA XESTEIRA 038. Expediente 4458/2018

Fotografía de retrato de estudio de Pacheco da familia Pazos Cabaleiro no 1929.

Persoas recoñecidas (de esquerda a dereita): Manuela Pazos Cabaleiro, Filomena Cabaleiro (nai), Leopoldo Pazos Cabaleiro, Leopoldo Manuel Pazos Cabaleiro, María Pazos Cabaleiro.

Resultados 7641 a 7650 de 21327