Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Heráldica municipal

Expedientes sobre adopción ou modificación dos símbolos do concello, especialmente o seu escudo e bandeira.

GOBERNO

En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños.

O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores.

A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual.

Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais.

Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños.

Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

FOT'SCA CARLOS ALONSO

Imaxes de negativos dixitalizados e revelados dixitalmente, do fondo fotográfico de FOT'SCA, Carlos Alonso, do 1972 ó 1992, mercados polo Concello de Redondela.

Carlos Alonso, FOT'SCA

Fotografías de Informes medioambientais

Fotografías e negativos ilustrativas de Informes medioambientais: traballos de limpeza de finca abandoada en zona de Rande. Ano 2000

Descripción: Vistas panorámicas de zona de Rande, Castelo de Rande, Cargadoiro e Praia.

Fotografías de Informes medioambientais

Fotografías e negativos ilustrativas de Informes medioambientais e urbanísticos varios: desperfectos en cruceiro do Alto da Encarnación; casa en ruinas na Avenida de Vigo, Chapela; traballos de zanja aberta en Torre de Calle, Cesantes; verquido de entullos e lixo; construcción de muro en Cesantes; verquido de rodas de automóvil en bosque. Ano 2000

Fotografía xuntanza de secretarios de Concellos

CELSO MILLEIRO 001. Expediente 5359/2017

Fotografía de 7 homes posando nunha habitación. Catro sentados e 3 de pé. Trátase, probablemente, dunha xuntanza de Secretarios Xerais de Concellos.
Persoas recoñecidas: Celso Milleiro Seoane (primeiro pola dereita de pé), Secretario do Concello de Redondela do 1936 ó 1937.
No envés da fotografía aparece escrito a lápiz a data 1917.

Fotografía vista de Redondela

LUIS BORINES 028. Expediente 3661/2020

Trátase dunha fotografía albúmina (finais do s. XIX-s XX) 23 x 17 cm.

Formaba parte dun álbum particular de fotografías, e atópase pegada nunha cartulina ríxida. O álbum debeu estar creado por unha persoa francófona, seguro que aficcionada e viaxeira xa que na outra cara ten pegada e coas mesmas medidas unha vista de Cádiz.

Neste caso trátase dunha detalle da vila de Redondela. Concretamente o edificio ubicado frente ó antigo mercado da vila (actualmente está o Concello de Redondela nesa mesma ubicación) que facía esquina coa actual praza José Figueroa e a actual praza da Constitución 1812.

Distínguese como o edificio de tenda de variedades "El Nuevo Mundo" propiedade de Ramón Feijoo (consultar LUIS BORINES 025) con carteis de publicidade "Sombrillas", "Géneros de punto" "Gran tienda de novedades". Tomada dende o antigo mercado. Relacionado coas unidades LUIS BORINES 029 a LUIS BORINES 039, calendario santoral publicitario do local.

Diante del aparece un carro de bois cun home con sombreiro e bara tirando deles, tres nena subindo na parte traseira e un home camiñando.

Ten en tinta china un texto a pé de foto que transcrito di: "Redondela.- Voiture de paysan de la Galice".

No reverso desta imaxe, atopamos a LUIS BORINES 027.

Descoñecese o fotógrafo.

Fotografía vista de Cádiz

LUIS BORINES 027. Expediente 3661/2020

Trátase dunha fotografía albúmina (finais do s. XIX-s XX) 23 x 17 cm.

Formaba parte dun álbum particular de fotografías, e atópase pegada nunha cartulina ríxida. O álbum debeu estar creado por unha persoa francófona, seguro que aficcionada e viaxeira xa que na outra cara ten pegada e coas mesmas medidas unha vista de Redondela.

Neste caso trátase dunha vista panorámica da cidade de Cádiz, co mar á dereita, a Catedral, e tomada dende a Torre Tavira.

Ten en tinta un texto a pé de foto que transcrito di: "Cadix (Espagne) Cathedrale une prise de la Tour Tafira".

No reverso desta imaxe, atopamos a LUIS BORINES 028.

Descoñecese o fotógrafo.

Resultados 7501 a 7510 de 21327