Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Policía municipal. Orde pública

Agrupación de series relacionadas coas actuacións municipais en materia de orde público, entre elas o funcionamento e actuacións da policía local.
A policía local ten como misión protexer o libre exercicio dos dereitos das persoas e garantir o normal desenvolvemento da convivencia, a seguridade cidadá e a seguridade vial.

POBOACIÓN

Esta 1ª División de sección inclúe a documentación sobre a poboación e o seu control, derivada da colaboración dos concellos coa administración central, competente nesta materia.

O control constante da súa poboación realizada con diversos fins –planificación económica, operatividade política- é unha función básica dos concellos que exerce como administración dotada do máximo achegamento ó cidadán e polo tanto, idónea para satisfacer tales recontos sistemáticos.

3.11.1.- Xunta Municipal do Censo de Poboación
Libros de rexistro das actas das sesións deste órganos municipal encargado da planificación dos traballos encamiñados á elaboración de censos de poboación e padróns de habitantes.

3.11.2.- Padrón municipal de habitantes
Rexistro coa relación dos habitantes do termo, con expresión das súas respectivas calidades. Inclúe procesos continuados de rectificacións, altas, baixas e cambios de cualificación veciñal que se producen anualmente no padrón.

É un rexistro administrativo, actualízase permanentemente, elabórano os concellos. O feito da inscrición é obrigatorio e está afectado pola lexislación sobre protección de datos de carácter persoal en canto a o seu uso e dispoñibilidade.

O censo de poboación é unha estatística, resultado dunha operación de reconto, cuxa finalidade é a de proporcionar información sobre o estado da poboación, isto é. Sobre o seu tamaño e as súas características, recollendo datos tanto demográficos como económicos, sociais, etc. O censo debe de contar con todos os individuos dun territorio (pais, comunidade autónoma, etc.), nun momento determinado; debe realizarse, ademais, cunha periodicidade definida e previamente establecida e os resultados que se obteñan, deben ser de dominio público. Elabórao o Instituto Nacional de Estatística (INE) cada dez anos, desde 1981 en todos os anos terminados en 1. A súa cumprimentación é voluntaria. Lexislación sobre función estatística.

3.11.3.- Edificios e vivendas
Rexistros complemento dos de poboación que asentan datos referentes á contabilización demográfica dos habitantes do municipio. Neste caso os censos de edificios e vivendas, existentes para rexistrar os lugares de habitación da poboación permitindo un xeito indirecto de control numérico sobre a mesma, podendo a súa elaboración servir ademais para outros fins. Son censos revisables cada certo tempo, que numeran as vivendas existentes, con carácter previos a revisión dos censos e padróns de habitantes, tendo consideración de traballos preliminares aos mesmos.

A Rexencia do Reino por Decreto 24-xaneiro-1841 dispuxera que nas Secretarías de todos os Concellos de máis de 500 veciños establecésese o Rexistro Civil de nados, casados e mortos dentro do termo xurisdicional, levándose en libros con arranxo a modelos oficiais. Será coa Lei Rexistro Civil 17 xuño 1870, cando esta función pase definitivamente a esta institucións anexas aos Xulgados de Paz e municipais. Froito delo podemos atopar nalgúns arquivos municipais, ou ás veces nos dos xulgados de paz anexos, as seguintes series documentais:

3.11.4. - Libro rexistro de nacementos
Rexistro en forma de libro nos que se asentaban os nacementos acontecidos entre 1845 e 1870.

3.11.5. - Libro rexistro de matrimonios
Rexistro en forma de libro nos que se asentaban matrimonios acontecidos entre 1845 e 1870.

3.11.6. - Libro rexistro de defuncións
Rexistro en forma de libro nos que se asentaban as defuncións acontecidos entre 1845 e 1870.

3.11.7.- Estatísticas
Serie documental que recolle unha serie de datos e estatísticas referidas á demografía e poboación.

P.O. 263/2007 interposto por SUFI

  • ES.GA.36045.AM.RED.1-2-5-1-8.761/2
  • Unidade documental composta
  • 2007-2008
  • Parte de CONCELLO DE REDONDELA

Procedemento ordinario P.O. 263/2007

Contencioso administrativo interposto por SUFI s.a. ó Concello de Redondela pola exclusión da oferta presentada no Expediente de contratación C-70004, mediante concesión administrativa, da xestión do servizo público de prerecollida, recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos e o seu transporte á estación de transferencia ou planta de tratamento: URBASER.

P.O. 211/2007 interposto por CESPA

  • ES.GA.36045.AM.RED.1-2-5-1-8.761/3
  • Unidade documental composta
  • 2007-2008
  • Parte de CONCELLO DE REDONDELA

Procedemento ordinario P.O. 211/2007

Contencioso administrativo interposto por CESPA Cía Española de servizos públicos auxiliares s.a. ó Concello de Redondela contra o acordo plenario desestimatorio do recurso de reposición interposto contra o acordo plenario de adxudicación do Expediente de contratación C-70004, mediante concesión administrativa, da xestión do servizo público de prerecollida, recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos e o seu transporte á estación de transferencia ou planta de tratamento: URBASER.

Plans de Vixiancia e control ambiental do vertedoiro da Marisma

  • ES.GA.36045.AM.RED.1-3-6-4-9.037/2
  • Unidade documental composta
  • 2002-2015
  • Parte de CONCELLO DE REDONDELA

Selado do Vertedoiro da Marisma de Santa Mariña

Contén:
.- Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela para a recuperación de espazos degradados (2002).
.- Solicitude de AER de información (2011)
.- Plan de vixiancia e control ambiental do vertedoiro clausurado da Marisma de Redondela 2012
.- Expediente C-12084 de contratación do servizo do informe do Plan ambiental dentro do programa de vixiancia e control dos vertedoiros selados: ESGAM, Estrategia y Gestión ambiental s.l.
.- Plan de vixiancia e control ambiental do vertedoiro clausurado da Marisma de Redondela 2013
.- Plan de vixiancia e control ambiental do vertedoiro clausurado da Marisma de Redondela 2015.

PLANS DE OBRAS E SERVIZOS

Esta 2ª división de sección, PLANS DE OBRAS E SERVIZOS, está composta por unha única serie documental:

3.1.2.1.- Plans de obras e servizos.

Acolle esta única serie a documentación xenerada no desenvolvemento da ampla variedade de plans de cooperación das obras e servizos de competencia municipal elaborados e aprobados pola Deputación Provincial, a fin de garantir as infraestruturas e servizos en todo o territorio provincial; van dende os tradicionais plans de camiños e plans provinciais de obras e servizos, até os máis recentes como, por exemplo, os plans de axudas urxentes, de acción comunitaria, de instalacións deportivas, de urbanismo, etc.

Inclúense ademais, recentemente, os promovidos polas Comunidades Autónomas e os plans enmarcados nos programas da Comunidade Europea destinados a colaborar cos concellos no desenvolvemento de actuacións específicas de obras e servizos.

Normalmente recolle a información sobre a convocatoria do oportuno plan e a solicitude cursada pola institución municipal, así como a derivada da súa xestión e control: informes, certificación de obras, informes diversos, correspondencia, impresos, estatísticas etc.

Resultados 721 a 730 de 21327