Tarxeta postal de vista da rúa Xeneral Rubín e viaducto de Redondela
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 022, 022-2 e 023
- Unidade documental simple
- 1906-1910
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 022 e LUIS BORINES 022-2 e LUIS BORINES 023. Expediente 3661/2020
Tarxeta postal (14x9 cm) circulada en Xullo do 1910. Fototipia.
Vista da vila de Redondela tomada dende a actual Casa Cuartel (coincidindo curiosamente co mesmo punto de vista coa lámina de Pier María Baldi). Distínguese a actual rúa Xeneral Rubín, inicio de Santa Mariña e viaducto a Coruña.
Trátase dunha sección da postal LUIS BORINES 020 e é copia de LUIS BORINES 021.
Anos 1906-1910.
A partir de decembro do 1905 a Unión Postal universal sacou unha lei na que se obrigaba a dividir o reverso das postais en dúas partes: a esquerda para a correspondencia (texto) e a parte dereita para o enderezo e selo.
Por outro lado, esta postal forma parte dun grupo no que se conserva unha delas circulada no ano 1910. De ahí a datación extrema.
Edición anónima pois non figura o nome do editor.
Non é en branco e negro, senón que está coloreada ou iluminada: aplicábase manualmente cores a unha postal con posterioridade á súa primeira impresión con pigmentos diluídos con auga, ou aplicando anilinas
Descoñecese o fotógrafo.
No anverso aparece gravado unha tipografía co texto "Regalo de la antigua Fonda de Bernardo Fernández sucesores": tratábase dunha postal agasallo para os clientes da fonda de Bernardo Fernández. No semanario "El Pueblo" aparece un anuncio de dita pensión o 13 de maio do 1899 (LUIS BORINES 023) na rúa Alfonso XII. Neste caso, e segundo a postal, xa estaríamos no tempo dos sucesores da pensión.
No reverso aparece circulada no 9 de Jullo do 1910 dende Lisboa. O texto di "Rúa da Tergueira nº 26 Lisboa" para a Señor y