Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Tarxeta postal de vista do viaducto de Ourense e Xunqueira de Redondela

LUIS BORINES 026 e LUIS BORINES 026-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal (14x9 cm). Fototipia.

No anverso aparece a vista da vila de Redondela. Distínguese o final da Xunqueira de Redondela e o vidaucto a Ourense.
Trátase dunha sección da postal LUIS BORINES 020.

Anos 1906-1910.
A partir de decembro do 1905 a Unión Postal universal sacou unha lei na que se obrigaba a dividir o reverso das postais en dúas partes: a esquerda para a correspondencia (texto) e a parte dereita para o enderezo e selo.
Por outro lado, esta postal forma parte dun grupo no que se conserva unha delas circulada no ano 1910. De ahí a datación extrema.

Edición anónima pois non figura o nome do editor.

Non é en branco e negro, senón que está coloreada ou iluminada: aplicábase manualmente cores a unha postal con posterioridade á súa primeira impresión con pigmentos diluídos con auga, ou aplicando anilinas

Descoñecese o fotógrafo.

Tarxeta postal de vista do viaducto a Orense

LUIS BORINES 041 e LUIS BORINES 041-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal 9x14 cm. Fototipia sepia.

Trátase dunha vista da vila de Redondela , distínguese o viaducto de Ourense en activo co tren pasando por riba del. Ó pé aparecen posando dúas nenas e un neno.

No reverso pon o seguinte texto "REDONDELA.- Viaducto del Ferrocarril Monforte"

Edición anónima (aquela na que non fingura nin o nome do impresor nin o nome do editor). Sen embargo a tipografía, no texto e no reverso, é similar á empregada nas postais da Editorial GRAFOS de Madrid, polo que puidera ser un encargo dalgún distribuidor local a dita editorial.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal de vista de viaducto Á Coruña

LUIS BORINES 045 e LUIS BORINES 045-2

9x14 cm. Fototipia sepia. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "26. Vigo. VIaducto de Redondela".

Nela aparece unha vista do Viaducto da Coruña no mesmo momento en que o ferrocarril pasa por él.
Deste xeito míranse os tellados das casas da subida á esfarrapada. Nunha desas casas apréciase, asomada á fiestra, dúas persoas e o que parece ser unha gaiola de paxaros.

Aparece tamén a presenza dos barcos que chegaban ata o actual aparcadoiro da Alameda de Redondela, na Ribeira. E o conxunto dos canastros debaixo do viaducto (hoxe en día na rúa Cabo dos Fumeiros)

No reverso obsérvase que é unha postal circulada o 14 de marzo do 1931 de Vigo a Madrid polo correo ordinario. O texto transcrito di: "Mi querido amigo: Hoy embarco. Me alegraré de que Doña Leonor siga bien, y se reponga pronto. Saludela lo mismo que a las muchachas. Muchos abrazos para vd (usted). Pepe" e vai dirixido ó Doutor Ruperto Merino na rúa Arenal nº 85 de Madrid.
Enténdese polo comezo do texto, que se trata dunha postal envíada antes de partir ambarcado.

A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.

Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".

Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.

Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.

Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal de vista de Viaducto á Coruña

LUIS BORINES 044 e LUIS BORINES 044-2

9x14 cm. Fototipia azul. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "26. Vigo. VIaducto de Redondela".

Nela aparece unha vista do Viaducto da Coruña no mesmo momento en que o ferrocarril pasa por él.
Deste xeito míranse os tellados das casas da subida á esfarrapada. Nunha desas casas apréciase, asomada á fiestra, dúas persoas e o que parece ser unha gaiola de paxaros.

Aparece tamén a presenza dos barcos que chegaban ata o actual aparcadoiro da Alameda de Redondela, na Ribeira. E o conxunto dos canastros debaixo do viaducto (hoxe en día na rúa Cabo dos Fumeiros)

Postal circulada con franqueo marítimo (Paquebot) o 14 de decembro do 1928, dende Londres (Inglaterra) con destino a Rotterdam (Holanda) e franqueada con selo español.

Foi depositada a bordo do vapor SS. Zeelandia. Este buque cubría a ruta Ámsterdam - Bos Aires, naqueles tempos da emigración de Europa a Suramérica. Era propiedade da liña Kaninklijke Hollandsche Lloyd (Royal Holland Lloyd).

A correspondencia depositada nos buques era manipulada polo axente postal da bordo quen a entregaba na oficina postal portuaria para seguir o seu destiño pola vía terrestre. Para facilitar o traballo, acuñouse o termo "Paquebot" para a correspondencia despachada nun barco en alta mar pero entregada nunha oficina portuaria dun país con bandeira distinta da que ondeaba no barco.

A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.

Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".

Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.

Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.

Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal de vista de viaducto Á Coruña

LUIS BORINES 046 e LUIS BORINES 046-2

9x14 cm. Fototipia sepia. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "26. Vigo. VIaducto de Redondela".

Nela aparece unha vista do Viaducto da Coruña no mesmo momento en que o ferrocarril pasa por él.
Deste xeito míranse os tellados das casas da subida á esfarrapada. Nunha desas casas apréciase, asomada á fiestra, dúas persoas e o que parece ser unha gaiola de paxaros.

Aparece tamén a presenza dos barcos que chegaban ata o actual aparcadoiro da Alameda de Redondela, na Ribeira. E o conxunto dos canastros debaixo do viaducto (hoxe en día na rúa Cabo dos Fumeiros)

No reverso obsérvase que é unha postal circulada de Vigo a Francia probablemente o 8 de Maio do 1932 . Franquedada con selo do rei Alfonso XIII, que foi sobrecargado co texto en tinta azul "República Española" adaptado á nova situación política dende o 14 de abril de 1931.

A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.

Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".

Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.

Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.

Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal de vista de Illa de San Simón

LUIS BORINES 048 e LUIS BORINES 048-2

9x14 cm. Fototipia sepia sen circular. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "48. Vigo. Lazareto de San Simón".

Nela aparece unha vista do da ría de Vigo dende Cesantes ou Soutoxusto. No centro da imaxe, as Illas de San Simón en Santo Antonio no momento en que funcionaba coma Lazareto (Recinto sanitario adicado á observación e tratamiento de desinfección de persoas que chegando por vía marítima, podían ser portadoras dunha enfermedad contagiosa) do 1842 ó 1923.

LUIS BORINES 049 e LUIS BORINES 049-2

9x14 cm. Fototipia sepia. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "48. Vigo. Lazareto de San Simón".

Nela aparece unha vista do da ría de Vigo dende Cesantes ou Soutoxusto. No centro da imaxe, as Illas de San Simón en Santo Antonio no momento en que funcionaba coma Lazareto (Recinto sanitario adicado á observación e tratamiento de desinfección de persoas que chegando por vía marítima, podían ser portadoras dunha enfermedad contagiosa) do 1842 ó 1923.

Trátase dunha postal escrita e dirixida ó Señor e Señora G Lefrançois na Ruta d'Manches de La Haye, Gesuel na (Manche) nos Paises Baixos. Pero non está necesariamente circulada: cabe a opcion de que fora no seu día metida nun sobre, pagando un pouco máis e preservando a intimidade da mensaxe.

No seu reverso (Luis Borines 049-2) aparece o texto en francés que transcrito e traducido di:

"22.9.29 Queridos ¿?: O comezo da viaxe é magnífico. Agora estamos en España onde temos que facer 3 paradas máis. Non hai moitos pasaxeiros. Bos ¿? Hadeline"

Polo que se ve no texto parece ser unha persona que estaba embarcada, en tránsito, probablemente unha persona emigrante destino América.

A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.

Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".

Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.

Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.

Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal de vista de Illa de San Simón

LUIS BORINES 047 e LUIS BORINES 047-2

9x14 cm. Fototipia azul sen circular. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "48. Vigo. Lazareto de San Simón".

Nela aparece unha vista do da ría de Vigo dende Cesantes ou Soutoxusto. No centro da imaxe, as Illas de San Simón en Santo Antonio no momento en que funcionaba coma Lazareto (Recinto sanitario adicado á observación e tratamiento de desinfección de persoas que chegando por vía marítima, podían ser portadoras dunha enfermedad contaxiosa) do 1842 ó 1923.
Sae, ademáis, a antiga estrada de Pontevedra a Vigo polo seu paso en Soutoxusto, O Viso.

A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.

Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".

Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.

Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.

Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal de vista de casa e nenos xogando

LUIS BORINES 043 e LUIS BORINES 043-2

9x14 cm. Tarxeta fotográfica circulada en branco e negro.

No anverso aparece un grupo de dous nenos e unha nena, xogando nos xardíns dunha casa con soportais e galería, simulando unha corrida de touros.
Podería tratarse do Pazo de Torrecedeira en Cedeira.

No reverso, circulado o 7 de setembro, aparece o seguinte texto:
"Queridísima madrina. Estamos tan entretenidos y obsequiados que no tenemos tiempo para nada. Esto está hermoso. Ya pronto nos iremos. Un abrazo de Fçeñix para vosotros que cuanto disfrutaríais aquí con nosotros.
recuerdos a María, Teresa y primas. Muchos abrazos de Carmen.
Madrid
Señora Doña Ana del Portillo.
Cañizares nº 1, primer piso. Madrid"
Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal de vista da Xunqueira

LUIS BORINES 040 e LUIS BORINES 041. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal 9x14 cm. Fototipia sepia.

Edición anónima, non se coñece nin o impresor nin o editor. Á vista da tipografía e o texto do reverso, puidera tratarse dunha producción dos primeiros anos 10 do século pasado (1910).

Trátase dunha vista da vila de Redondela dende o outro lado do río Alvedosa. Distínguese perfectamente a Ponte da Lima, o canastro de Olimpio Giráldez, o antigo mercado (onde agora está o Concello) e a Xunqueira coa parte traseira das casas. Distínguese tamén a Igrexa de Santiago de Compostela, o antigo e aillado cemiterio dos Eidos.

Resultados 51 a 60 de 21327