Tarxeta postal Redondela (Vigo) Vista xeral
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 073 e LUIS BORINES 073-2
- Unidade documental simple
- 1910
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 073 e LUIS BORINES 073-2
Tarxeta postal (9x14cm) sen circular. Fototipia en branco e negro coloreada (con acuarela e axuda de plantillas). Edición propia da libraría Julián Buceta de Vigo c.a. 1910.
Fotógrafo/a descoñecido/a.
No anverso aparece unha vista do centro de Redondela sacada dende o alto do viaducto á Coruña. A actual rúa da Ribeira, Praza da Constitución. Visualizando o antigo mercado de peixe, o antigo mercado da froita e carne (ubicado no actual sitio da Casa do Concello de Redondela), a igrexa de Santiago de Redondela e o casco antigo da vila. Trátase dun momento previo á canalización do río Alvedosa e futuras obras de aterramento.
Pola tipografía empregada, podemos deducir que foi creada pola fototipia madrileña Castañeira y Álvarez.
No seu revereso obsérvase o nome da Librería Julián Buceta, productora da mesma. A división do espazo traseiro da postal entre Correspondencia e Direccion cunha liña divisoria, é típica tamén da fototipia madrileña Castañeira y Álvarez.
A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".