Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Requíreselle a Urbaser, S.A. a prestación do servizo de recollida de algas

Solicitante: Concello de Redondela.
Asunto: Requíreselle a Urbaser, S.A. a prestación do servizo de recollida de algas coa periodicidade mínima para evitar situacións de insalubridade nas praias do concello.
Contén:

  • Declaración de caducidade do expediente en Resolución do Concelleiro Delegado de Medio Ambiente en 30-12-2009.

Representación do persoal

Recolle un amplo espectro documental relacionado coa actividade sindical de reivindicación, negociación e solución de moitos asuntos relacionados coa defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral dos concellos; entre eles destaca a documentación relacionada coa negociación dos convenios colectivos, coas folgas de traballadores e coas eleccións sindicais e a formación dos diferentes órganos de representación sindical (Xunta de persoal, Comisión Paritaria, Comité de Empresa...).

Os convenios colectivos supoñen un pacto ou acordo resultante da negociación desenvolta polos representantes dos traballadores e a corporación, libremente adoptado por eles en virtude da súa autonomía colectiva e supoñen na práctica un texto que recolle dito pacto ou acordo, especificando polo miúdo os dereitos e deberes dos traballadores afectados, complementando á lexislación estatal ou autonómica.
Resultados 471 a 480 de 21327