Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Traballos preliminares da renovación padronal (1996-1997)

  • ES.GA.36045.AM.RED.1-3-11-2-2.734/1
  • Unidade documental composta
  • 1996 - 1997
  • Parte de CONCELLO DE REDONDELA

Traballos preliminares da renovación padronal de 1996: LONGO ANSA Y ASOCIADOS (LAYA)

Contén:
. -Planos do Concello de Redondela por seccións/distritos
.- Altas do Padrón municipal de habitantes de Setembro, Outubro, Novembro e Decembro do 1997

TESOURARÍA

A Tesouraría das Entidades Locais está constituída polos recursos financeiros, sexan diñeiro, valores ou créditos da Entidade Local. As función encomendadas á tesouraría son: recadar os dereitos e pagar as obrigacións; centralizar os fondos e valores xerados por operacións presupostarias e extrapresupostarias, distribuír no tempo as disposicións en diñeiro para satisfacer as obrigacións e responder dos avais contraídos.

O antecedente do Tesoureiro encontrámolo no Mordomo do S. XIII. As súas funcións eran as de presentalas contas e libranzas que expedía o alcalde, levar a cabo os cobros e custodiar os depósitos. Estas funcións que podían ser outorgadas a calquera veciño que merecera a confianza dos membros da Corporación ou ben declarala como cargo municipal.

Por R.D. de 10 de xuño de 1930 crease o corpo de Depositarios de fondos da Administración Local, corpo que será disolto durante a II República e rehabilitado coa Lei de Bases de 1935. A partir de 1945 os Depositarios van a sufrir poucas variacións nas súas funcións, a Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o R.D. Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local defíneos como funcionarios de habilitación nacional que teñen atribuída a responsabilidade administrativa das funcións da tesouraría, que inclúe o manexo e custodia de fondos e valores da entidade e a recadación.

Recolle a documentación xerada polo departamento facendístico homónimo, encargado da xestión dos recursos financeiros, sexan valores, diñeiro ou créditos, da entidade local. As funcións encomendadas á Tesouraría son: recadar os dereitos e pagar as obrigas, centralizar os fondos e valores xerados por operacións presupostarias e extrapresupostarias e distribuír no tempo as dispoñibilidades de capital para satisfacer as obrigas e responder ós avais contraídos.

Segundo o artigo 5 do R.D. 1174/1987 será función da tesouraría o manexo e custodia de fondos, valores e efectos da entidade local e a realización de cantos cobros e pagamentos corresponda ós fondos e valores da entidade.

TERESA AMOEDO ESTEIRO

Expediente 4471/2018 de cesión temporal, dixitalización e difusión de 21 imaxes, fotografías propiedade de Teresa Amoedo Esteiro relativas a grupo de amigos e amigas de Redondela 1910-1960.

TAXAS

As entidades locais poderán establecer taxas pola utilización privativa ou o aproveitamento especial do dominio público local, así como pola prestación de servizos públicos ou a realización de actividades administrativas de competencia local que se refiran, afecten ou beneficien de xeito particular ós contribuíntes.

Deste xeito, constitúen un ingreso de dereito público que se orixina pola prestación dun servizo público de consumo divisible que reporta, aínda que de xeito secundario, un beneficio xeral para a colectividade e cunha contía igual ó custo do servizo.

O número de taxas e prezos públicos impoñibles é moi elevado, sendo regulados nas súas respectivas ordenanzas fiscais, destacando algúns como a taxa por recollida de lixo, abastecemento de augas, ocupación de vía pública, etc...

4.2.2.1.- Ordenanzas fiscais
Norma xurídica xeral, obrigatoria e permanente, de carácter subordinado á Lei e a outras normas de rango superior, ditadas polas Entidades Locais, pero no ámbito puramente fiscal. (1911)

4.2.2.2.- Listas cobratorias
Relacións de contribuíntes ou as súas modificacións, que poder atoparse agrupadas nos padróns de exaccións municipais, ou individualizadas por conceptos: augas, lixos, entrada de garaxes, toldos, escaparates...

Tarxeta Publicitaria Librería Julián Buceta

LUIS BORINES 067 e LUIS BORINES 067-2

Tarxeta publicitaria (9x14cm) da libraría Julián Buceta de Vigo. Impresa en fotograbado pola editorial Huecograbado Vasco de Bilbao. O reverso emprégase como pedido editorial da libraría.
Circulou o 3 de abril de 1934.

No anverso aparece unha imaxe do frontal da Libraría e os seus escaparates, cunha visión lonxana do seu interior onde se distinguen dous homes (un diante do mostrador, outro destrás) posando para a fotografía. O escaparate da libraría reflexa tamén o seu cartel co número 56 e o nome "Librería Julian Buceta", así coma carteis publicitarios de "Pluma fuentes Swan"
A imaxe ven acompañada dos textos: "Material escolar; plumas stilográficas; Libros comerciales" na marxe superior; e "Policarpo Sanz nº 56, teléfono 1132; Vigo" na marxe inferior.

No seu revereso, un pedido publicitario do 7 de abril do 1974, cirulado co selo da república española de 2 céntimos. Co seguinte texto: " Vigo, 3 de abril de 1934. Muy señor mío: Sírvase remitir por correo certificado lo siguiente: La perla de las promesas (primeros viernes del mes). El nuevo testamento Evangelios encuad º. V affmo s s Julián Buceta". E coma destinataria aparace a Librería Religiosa Hernández da rúa Paz nº 6 de Madrid.

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".

Tarxeta postal vista panorámica de Redondela

LUIS BORINES 006 e LUIS BORINES 006-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal en sepia sen circular. Fototipia. Medida 9x28 cm.
Vista panorámica de Redondela co viaducto de Ourense á esquerda, a Alameda e o casco urbán e o viaducto a Coruña. O río Alvedosa xa aparece canalizado ó seu paso pola Alameda e a actual rúa Xeneral Rubín.

Década dos 1920.

Edición anónima (aquela na que non fingura nin o nome do impresor nin o nome do editor). Sen embargo a tipografía, no texto e no reverso, é similar á empregada nas postais da Editorial GRAFOS de Madrid, polo que puidera ser un encargo dalgún distribuidor local a dita editorial.
Fotógrafo/a descoñecido/a.

Tarxeta postal vista panorámica de Redondela

LUIS BORINES 005 e LUIS BORINES 005-2. Expediente 3661/2020

Tarxeta postal en sepia sen circular. Fototipia. Medida 9x28 cm.
Vista panorámica de Redondela co viaducto de Ourense á esquerda, a Alameda e o casco urbán e o viaducto a Coruña. O río Alvedosa xa aparece canalizado ó seu paso pola Alameda e a actual rúa Xeneral Rubín.
Sobre o anverso, escrito a man, aparecen dúas inscripcións en tinta con flechas "Camino de Vigo y Bayona" e "Lazareto San Simón". Aparece tamén con tipografía o título "REDONDELA Vista general"
Década dos 1920.

Edición anónima (aquela na que non fingura nin o nome do impresor nin o nome do editor). Sen embargo a tipografía, no texto e no reverso, é similar á empregada nas postais da Editorial GRAFOS de Madrid, polo que puidera ser un encargo dalgún distribuidor local a dita editorial.

Fotógrafo/a descoñecido/a.

Resultados 21 a 30 de 21327