Amosando 21327 resultados

Descrición arquivística
Previsualización da impresión Ver:

3303 resultados con obxectos dixitais Mostrar resultados con obxectos dixitais

Solicitude Consellería de Sanidade

Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia

Solicita relación de fontes públicas con aerosoles en relación á propagación da legionella. Ano 2011

Solicita devolución de aval por diversas obras adxudicadas a favor de José Malvar Construcciones SA (2006)

José Malvar Construcciones s.a., Juan A. Pérez Piñeiro

Solicita devolución de aval por obras de "Modificación rede de saneamento e ilumminación pública en Redondela; Modificación da rede de ilumminación pública en Rande; Modificación da rede de saneamento, abastecemento de auga e ilumminación pública en Cesantes e Modificación da rede de saneamento e ilumminación pública no Viso". Ano 2006

SITOS

Expediente 4209/2021 de cesión temporal, dixitalización e difusión dunha imaxe propiedade de Sitos.

SERVIZOS XURÍDICOS

A documentación que recolle esta 1ª división de sección contén expedientes de procedementos civís, contencioso-administrativo, económico-administrativos, laborais e penais, os expedientes de recursos administrativos, os ditames e informes e as sentenzas.

Os administrados teñen como primeira vía de reclamación na defensa dos seus dereitos o recurso ante o propio órgano do concello cando unha decisión do mesmo sexa considerada lesiva ou inxusta. Estes recursos e reclamacións, cos oportunos informes de letrados e técnicos municipais, resolven estas reclamación de carácter patrimonial, urbanístico ou facendístico. Noutras ocasión son o primeiro paso para o inicio dunha subseguinte vía xudicial ante o órgano oportuno por parte do interesado ou mesmo da propia administración local.

Dentro dos expedientes xurídicos podemos atopar distintos tipos de procedementos, con simples informes ou ditames, redactados polo propia administración

O recurso contencioso-administrativo é unha acción dos administrados, membros da corporación ou outras administracións públicas, ante a Xurisdición contencioso-administrativa, contra os actos e acordos das Entidades Locais que poñan fin á vía administrativa ou fagan imposible ou suspendan a súa continuación, previa interposición do recurso de reposición nos casos que proceda.

A reclamación económico-administrativa, é efectuada polos administrados ante o Tribunal económico-administrativo provincial, fronte a determinadas resolucións de natureza tributaria, orzamentaria ou de normativa fiscal emanadas do Concello, en defensa dos seus intereses.

SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS

Esta 1ª División de sección recolle a función dos concellos no referido á promoción e potenciación económica do seu territorio, dividida en varias agrupacións documentais relacionadas cos diversos eidos, actividades ou radios de acción nos que se concreta a mesma: agricultura, gandería e montes; caza; pesca; industria, turismo e traballo.

3.2.1.- Expedientes de actividades agropecuarias
Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa dos intereses agrícolas, gandeiros e forestais dos municipios. Deste xeito, podemos destacar os expedientes de extinción de pragas, os expedientes de repoboacións, as cales soen ser políticas estatais ou autonómicas nas que colaboraban, en ocasións, os concellos; os expedientes de concentración parcelaria, os censos agropecuarios, cotos de caza, vedas de pesca etc.

3.2.2.- Expedientes de actividades industriais
Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa da actividade industrial e mineira entendida en sentido amplo de estudos, informes, memorias, plans de actuación e desenvolvemento etc.

3.2.3.- Expedientes de fomento turístico
Agrupación de series con expedientes de actividades turísticas, edición de folletos, subvencións etc.

Resultados 181 a 190 de 21327