Amosando 1 resultados

Descrición arquivística
Huecograbado Vasco
Previsualización da impresión Ver:

Tarxeta Publicitaria Librería Julián Buceta

LUIS BORINES 067 e LUIS BORINES 067-2

Tarxeta publicitaria (9x14cm) da libraría Julián Buceta de Vigo. Impresa en fotograbado pola editorial Huecograbado Vasco de Bilbao. O reverso emprégase como pedido editorial da libraría.
Circulou o 3 de abril de 1934.

No anverso aparece unha imaxe do frontal da Libraría e os seus escaparates, cunha visión lonxana do seu interior onde se distinguen dous homes (un diante do mostrador, outro destrás) posando para a fotografía. O escaparate da libraría reflexa tamén o seu cartel co número 56 e o nome "Librería Julian Buceta", así coma carteis publicitarios de "Pluma fuentes Swan"
A imaxe ven acompañada dos textos: "Material escolar; plumas stilográficas; Libros comerciales" na marxe superior; e "Policarpo Sanz nº 56, teléfono 1132; Vigo" na marxe inferior.

No seu revereso, un pedido publicitario do 7 de abril do 1974, cirulado co selo da república española de 2 céntimos. Co seguinte texto: " Vigo, 3 de abril de 1934. Muy señor mío: Sírvase remitir por correo certificado lo siguiente: La perla de las promesas (primeros viernes del mes). El nuevo testamento Evangelios encuad º. V affmo s s Julián Buceta". E coma destinataria aparace a Librería Religiosa Hernández da rúa Paz nº 6 de Madrid.

A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".