Tarxeta Postal do viaducto a Ourense
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 066 e LUIS BORINES 066-2
- Unidade documental simple
- 1909
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 066 e LUIS BORINES 066-2
Tarxeta postal fotográfica en b/n (14 x 9 cm).
Título: "109. GALICIA.Puentes del Ferrocarril. Viaducto sobre Redondela. España. Colección Artística"
Tarxeta postal editada por M.N. Paris na serie "España. Colección artística" (c.a. 1909). Sen circular.
Trátase dunha vista do viaducto a Ourense (hoxe inactivo) sacada dende o val do Maceiras. Á dereita, vislúmbrase o Convento de Vilavella e á esquerda parece recoñécese unha casa que existe hoxe en día cunha galería e torre almenada.
Desta editora coñécese pouca información. Segundo o publicado no "Cataleg de targetes postals il-lustradaes de Reus 1895-1939" trátase dun fotógrafo e editor de postais, de París, que firmaba coas súas iniciais M.N.
Realizou fotografías con vistas de diversas cidades e lugares de España, que el mesmo editou en diferentes series en formato tarxeta postal. Existen exemplares circulados nos anos 1909 e 1910.
Nas tarxetas, de boa presentación e calidade, a imaxen sitúase no centro do papel fotográfico cunhas grandes marxes brancas para a firma e a lenda tipográfica en negro. Ó dorso a parece "Tarjeta Postal" en español máis outros cinco idiomas: inglés, alemán, francés, húngaro e holandés. Algunhas tarxetas cirularon coloreadas.