Tarxeta Postal do Lazareto de San Simón
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 064 e LUIS BORINES 064-2
- Unidade documental simple
- 1909
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 064 e LUIS BORINES 064-2
Tarxeta postal fotográfica en b/n (14 x 9 cm).
Título: "100. GALICIA. VIGO Lazareto de San Simón. España. Colección Artística"
Tarxeta postal editada por M.N. Paris na serie "España. Colección artística" (c.a. 1909). Sen circular.
Desta editora coñécese pouca información. Segundo o publicado no "Cataleg de targetes postals il-lustradaes de Reus 1895-1939" trátase dun fotógrafo e editor de postais, de París, que firmaba coas súas iniciais M.N.
Realizou fotografías con vistas de diversas cidades e lugares de España, que el mesmo editou en diferentes series en formato tarxeta postal. Existen exemplares circulados nos anos 1909 e 1910.
Nas tarxetas, de boa presentación e calidade, a imaxen sitúase no centro do papel fotográfico cunhas grandes marxes brancas para a firma e a lenda tipográfica en negro. Ó dorso a parece "Tarjeta Postal" en español máis outros cinco idiomas: inglés, alemán, francés, húngaro e holandés. Algunhas tarxetas cirularon coloreadas.
Nesta tarxeta postal contemplamos unha vista das Illas de San Simón e San Antón en Cesantes e da ría de Vigo. Distínguense perfectamente as edificacións das Illas que, naquel momento, servían coma Lazareto.