Amosando 1 resultados

Descrición arquivística
Estudio Foto Sarabia (Vigo)
Previsualización da impresión Ver:

Tarxeta Postal

LUIS BORINES 063 e LUIS BORINES 063-2

Tarxeta postal en b/n (13,5 x 8,5 cm).
Título: "Colegio del Sagrado Corazón de Jesús. Vigo. Apartado 66 (Terraza del Colegio)."
Editada polo Colexio do Sagrado Corazón de Jesús de Vigo.

A imaxe correspóndese con parte da fotografía tomada polo Estudio Foto Sarabia de Vigo. Segundo Galiciana (https://biblioteca.galiciana.gal/pt/publicaciones/numeros_por_mes.do?idPublicacion=215) a totalidade da fotografía foi publicada no 1º número de El Pueblo Gallego o 27 de xaneiro do 1924.

No anverso aparece unha vista dende a terraza do colexio (actualmente na rúa García Barbón, ó lado de Teis, actualmente Colexio das Calasancias) dende a que se pode apreciar unha vista da ribeira de Vigo, Arenal e do terreo gañado ó mar sobre o que agora está a estación de tren de Guixar e ós terreos de Adif.

Circulada o 1923-12-20 e dirixida a Pilar Rubín do Convento de las RR. Justinianas (Vilavella)
Texto no reverso que transcrito di:
" Vigo 20 Diciembre 1923. Ths Pilar Rubín, abadesa, muy queira en cuanto el divino niño la colme de bendiciones.
El Sábado, 22 días mediante, iré por ahí, hasta el mediodía.
Iré a celebrar el Santa misa a casa de Doña Concha. Hagan la caridad de avisarla que llegaré en el tren, que sale de vigo a las 7 1/2. Queda afectuosamente en cto.
José M. Maxa¿? (ilexible)"

O sello está arrincado deixando cortado o carimbo.

Segundo a páxina do Anecdotario Redondelán creada por Juan Migueles, Pilar Rubín, procedente da Rioxa, foi a última abadesa do Convento de Vilavella, marchando del no ano 1933. de feito, Pilar Rubín foi a que firmou a venda do Convento a Mañas. https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2020/10/outros-relixiosos.html

Na páxina de Alcumes de Redondela, Juan Migueles engade esta información: "Abadesa (Vilavella) Era a abadesa do Covento da Orde das Xustinianas de Vilavella. Pilar Rubín nada na Rioxa en 1886. Foi a derradeira abadesa do Convento de Vilavella, concedendo permiso para abandoar este mosteiro. Pertencentes á orden de San Lorenzo Justiniano de Clausura, as monxas deixaron as instalacións o 26 de Febreiro de 1932." https://alcumes.jimdofree.com/explicaci%C3%B3ns-cl%C3%A1sicos/a/