Amosando 1 resultados

Descrición arquivística
Alas-Omnia. Madrid
Previsualización da impresión Ver:

Tarxeta postal de vista da Marisma

LUIS BORINES 059 e LUIS BORINES 059-2

10x14 cm. Tarxeta postal en color. Editada pola editorial Alas Omnia Madrid. Depósito legal: M 4.869 no ano 1964. Edición conmemorativa dos 25 anos de Paz.

Ó 1 de abril do 1964, coincidindo cos 25 anos do final da guerra civil, o réxmie franquista lanzou unha gran campaña de imaxe e propaganda celebrando os "XXV anos de Paz", exaltando os logros do seu goberno coma garante da paz e da estabilidade nuns felices anos '60 de prosperidade. Celebráronse actos e exposicións, editáronse libros, cartaces, selos de correos e tamén series de tarxetas postais de diferentes temáticas coma nesta de Redondela titulada "Fé en Galicia- crucero de redondela (Pontevedra)".

A imaxe representa a Marisma de Santa Mariña antes do seu recheo coa presenza do cruceiro actualmente ubicado no mesmo sitio. Ó fondo mírase a actual Avenida Mendiño coa ponte e a actual Fábrica. No primeiro plano unha muller leiteira de loito levando un cántaro de leite na cabeza: trátase de Dona Marina Rivas Fernández. E nos pes do cruceiro dúas nenas tamén de loito, sentadas: trátase das fillas de Dona Marina: Elena Soto Rivas e Marina Segunda Soto Rivas.

Segundo o pé de foto publicado por Eugenio Lueiro Urtaza no Diario de Pontevedra 27 de Maio do 1964, trataríase dunha fotografía realizada por "Gómez".