Amosando 1 resultados

Descrición arquivística
E. Dumas (Barcelona)
Previsualización da impresión Ver:

Tarxeta postal de recuerdos de Vigo

  • ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 042, LUIS BORINES 042-2, LUIS BORINES 042-3, LUIS BORINES 042-4, LUIS BORINES 042-5
  • Unidade documental simple
  • 1916
  • Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL

LUIS BORINES 042 e LUIS BORINES 042-2 LUIS BORINES 042-3. LUIS BORINES 042-4, LUIS BORINES 042-5 Expediente 3661/2020

Tarxeta postal en cor "recuerdos de Vigo" editada pola imprenta E. Dumas, Barcelona. Está circulada ó 31 de decembro do 1916 de Vigo a Madrid. O nome de VIgo na bolsa do carteiro, que se abre contendo un desplegable con 10 pequenas vistas en miniatura da cidade de Vigo. Máis ben 9, pois a primeira é "Redondela vista general".

Na parte esquerda apréciase un pequeno escudo gofrado en tinta dourada de un escudo. O gofrado é unha impresión en seco de debuxos na cartulina con moldes en hoco. Foi usada nas primeiras décadas do século pasado para destacar escudos nacionais, de armas ou outros motivos decorativos.

Desta curiosa postal existen diversas edicións doutras cidades de España, algunhas delas circuladas no ano 1913, pero sen escudo gofrado.

No reverso (LUIS BORINES 042-2) aparece o texto transcrito: "se desea muchas felicidades en el día de su santo y muy feliz año nuevo, como también a sus hermanos a los cuales saludara en mi nombre. Su affma. Manuela. Vigo 30-12-1916" e dirixido a Manuel Peña na Praza Santo Domingo nº 18. 3º de Madrid".

9x14 cm. Fototipia.
Fotógrafo/a descoñecido/a.