LUIS BORINES 061 e LUIS BORINES 061-2
Pequeno cromo postal (65 x 48 mm) en sepia.
Título: "Prov. de Pontevedra, redondela, El Viaducto."
Cromo da "Serie de España" do Álbum "España y la América latina" número 230. Data aproximada 1930.
Neste caso trátase dunha imaxe da zona da Ribeira e actual General Rubín, o antigo peirao e do viaducto a Pontevedra. Obsérvase o río Alvedosa sen canalizar (anos 1920).
Nos anos 30 do pasado século, a Tabaqueira cubana Henry Clay anda Bock & Co. editou unha colección de pequenos cromos fotográficos que incluía nas caixas de cigarros (puros habanos) chamados "Susini Cigar" como agasallo publicatario ós seus compradores. Pegábanse no álbum "España y la América latina", de 28 x 36 cm., encadernado en tela e de 146 páxinas (coñecido coma "Álbum Susini"). Recollía un total de 2094 imaxes de diferentes vilas e cidades do estado español e de algúns países do continente americano, coas seguintes series:
.- Serie de España (1352 fotografías). Referentes ós seguintes sitios "Posesiones españolas: Islas canarias, Islas Baleares, Marruecos (129 fotografías)"
.- Serie de la América Latina: Cuba, Haití, República Dominicana, Puerto Rico, Curaçao, Méjico, Guatemala, Honduras, El Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Panamá, Colombia, Venezuela, Ecuador, Paraguay, Uruguay, Brasil, Chile, Argentina, Perú, Bolivia (613 fotografías).
Na Serie de España, na que aparecen vistas de cidades e vilas das 4 provincias galegas, os cromos foron reproducidos a partir de fotografías tomadas a finais do século XIX e principios do s. XX, sendo a maior parte da producción da madrileña fototipia Hauser y Menet. Moitas delas publicáronse tamén coma tarxetas postais.