Tarxeta postal de vista panorámica de Redondela
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 020 e LUIS BORINES 020-2
- Unidade documental simple
- 1906-1910
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 020 e LUIS BORINES 020-2. Expediente 3661/2020
Tarxeta postal panorámica dobre (28x9 cm) sen circular. Fototipia.
Vista da vila de Redondela tomada dende a actual Casa Cuartel (coincidindo curiosamente co mesmo punto de vista coa lámina de Pier María Baldi) acotada polos dúas viaductos. Distínguese a actual rúa Xeneral Rubín, rúa da Ribera, Praza da Constitución, antigo mercado (actual Casa do Concello), Igrexa de Santiago de Redondela e río Alvedosa.
Anos 1906-1910.
A partir de decembro do 1905 a Unión Postal universal sacou unha lei na que se obrigaba a dividir o reverso das postais en dúas partes: a esquerda para a correspondencia (texto) e a parte dereita para o enderezo e selo.
Por outro lado, esta postal forma parte dun grupo no que se conserva unha delas circulada no ano 1910. De ahí a datación extrema.
Edición anónima pois non figura o nome do editor.
Non é en branco e negro, senón que está coloreada ou iluminada: aplicábase manualmente cores a unha postal con posterioridade á súa primeira impresión con pigmentos diluídos con auga, ou aplicando anilinas
No reverso aparece unha nota tipográfica "Impresos", polo que esta postal podería tratar de ser usada coma impreso cunha tarifa de correos máis reducida.
Descoñecese o fotógrafo.