JA XESTEIRA 003. Expediente 4458/2018
Fotografía da Festa dos Maios (1956) na que aparece a propia actuación do maio "Maio de Santa Mariña" na Praza do 18 de Xullo (hoxe Praza da Constitución de 1812): nenos batendo os paus ó redor da figura dun maio tradicional con forma de cono e feito de fiuncho, flores, laranxas.
No grupo dos nenos que actúan están: Luis Pérez Docampo, José Ángel Gesteira Pazos, Alejandro Gesteira Pazos, Alberto Pazos Docampo, Jaime Pazos Docampo; Carlos Pazos Docampo, Eduardo Soto, Domingo .
No grupo do Xurado do Concurso dos maios: Juan Muiños (alcalde), Rosario Cal (mestra), Paco Pereira, Amado González Cardama, Diego San José, Don Enrique (mestre), Antonio Soto "Sotivo" (funcionario do concello) e o seu pai (Serafín Gesteira Fernández) na praza da Constitución, ante a mirada do público.