Fotografía de Concurso dos Maios do 1973
- ES.GA.36045.AM.RED.2-10-OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 052
- Unidade documental simple
- 1973
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 052. Expediente 4468/2018
Fotografía da festa dos Maios: Exposición do maio con forma de lareira na Alameda de Redondela, no concurso de maios do 1 de maio do 1973.
Os maios antes e despois da actuación, son expostos nas rúas para que as persoas podan observalo con calma.
Persoas recoñecidas: (de esquerda a dereita): Miguel Borines (2º), Alfonso Conde Giráldez (3º), Guillermo Conde Giráldez (5º), Fernando Alfaya (neno entre o público)