Fotografía

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Fotografía

Termos equivalentes

Fotografía

Termos asociados

Fotografía

4653 Descrición arquivística results for Fotografía

4653 results directly related Exclude narrower terms

Fotografía de maio tradicional na rúa Cruceiro

OLIMPIO GIRÁLDEZ 001. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio tradicional "El Cubo" do ano 1966 coas súas compoñentes posando na rúa Cruceiro.

Persoas recoñecidas (de dereita a esquerda): Lucila (son gafas, detrás do maio), Lisi, Olga Reboredo, Mina, Mari, Meli, Piruca Reboredo, Leonor Vidal, Chelo (Fot'sca), Eva, Isabel Lorenzo, Fina.

Fotografía de maio na Praza da Constitución

OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 009. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio tradicional con forma de cono, exposto na praza 18 de Julio (hoxe Praza da Constitución 1812) xunto ós seus integrantes.

Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente finais da década dos 1960.

Fotografía de maio na Praza da Constitución

OLIMPIO GIRÁLDEZ 005. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio con forma de fonte de Santiago exposto na Praza de 18 de Julio (hoxe Praza da Constitución). Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente do 1968.

Persoas recoñecidas (de dereita a esquerda): Alonso Martínez (home do fondo), Fita Molinos (nena á dereita do maio).

Fotografía de maio na Alameda de Redondela

OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 013. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio "Os Homiños" con forma de bocoi de viño, exposto na Alameda de Redondela rodeado dos seus integrantes coas coplas que serán vendidas.

Os maios antes e despois da actuación, son expostos nas rúas para que as persoas podan observalo con calma.

Fotografía de maio na Alameda de Redondela

OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 014. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio "A Palloza" con forma de palloza, exposto na Alameda de Redondela. 1970.

Os maios antes e despois da actuación, son expostos nas rúas para que as persoas podan observalo con calma.

Fotografía de maio na Alameda de Redondela

OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 015. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Actuación do concurso do 1 de maio, nun palco na Alameda de Redondela, dun Maio con forma de palloza e carro de bois. 1970.

Un compoñente le as complas e o resto camiña ó redor do maio nun sentido batendo dous paus ó compás. Cando o solista remata de cantar a copla, os acompañantes cambian de sentido e repiten a copla cantada.

Relacionado con OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 011.

Fotografía de maio diante do Concello

OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 007. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio con forma de bocoi, barril de viño con estatua de Xan Carallás exposto diante da Casa do Concello. Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente da década dos 1970.

Persoas recoñecidas: Nardo "Cachudiño".

Nota: relacionado con OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 008

Fotografía de maio diante do Concello

OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 006. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio con forma de canastro exposto diante da Casa do Concello. Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma. Probablemente da década dos 1970.

Relacionado con OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 012

Fotografía de maio diante da Casa do Concello

OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 011. Expediente 4468/2018

Fotografía da festa dos Maios: Maio con forma de palleiro e carro de bois, exposto diante da Casa do Concello. 1970.

Os maios antes e despois da actuación, son expostos para que as persoas podan observalo con calma.

Relacionado con OLIMPIO GIRÁLDEZ LERA 015.

Resultados 4091 a 4100 de 4653