Tarxeta postal de vista de Illa de San Simón
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 047 e LUIS BORINES 047-2
- Unidade documental simple
- 1928
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 047 e LUIS BORINES 047-2
9x14 cm. Fototipia azul sen circular. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "48. Vigo. Lazareto de San Simón".
Nela aparece unha vista do da ría de Vigo dende Cesantes ou Soutoxusto. No centro da imaxe, as Illas de San Simón en Santo Antonio no momento en que funcionaba coma Lazareto (Recinto sanitario adicado á observación e tratamiento de desinfección de persoas que chegando por vía marítima, podían ser portadoras dunha enfermedad contaxiosa) do 1842 ó 1923.
Sae, ademáis, a antiga estrada de Pontevedra a Vigo polo seu paso en Soutoxusto, O Viso.
A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.
Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".
Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.
Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.
Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.
Fotógrafo/a descoñecido/a.