Fotografía

Taxonomía

Código

Nota(s) de alcance

Nota(s) de fonte

Nota(s) de despregue

Termos xerárquicos

Fotografía

Termos equivalentes

Fotografía

Termos asociados

Fotografía

4653 Descrición arquivística results for Fotografía

4653 results directly related Exclude narrower terms

Fotografía vista de Redondela

LUIS BORINES 028. Expediente 3661/2020

Trátase dunha fotografía albúmina (finais do s. XIX-s XX) 23 x 17 cm.

Formaba parte dun álbum particular de fotografías, e atópase pegada nunha cartulina ríxida. O álbum debeu estar creado por unha persoa francófona, seguro que aficcionada e viaxeira xa que na outra cara ten pegada e coas mesmas medidas unha vista de Cádiz.

Neste caso trátase dunha detalle da vila de Redondela. Concretamente o edificio ubicado frente ó antigo mercado da vila (actualmente está o Concello de Redondela nesa mesma ubicación) que facía esquina coa actual praza José Figueroa e a actual praza da Constitución 1812.

Distínguese como o edificio de tenda de variedades "El Nuevo Mundo" propiedade de Ramón Feijoo (consultar LUIS BORINES 025) con carteis de publicidade "Sombrillas", "Géneros de punto" "Gran tienda de novedades". Tomada dende o antigo mercado. Relacionado coas unidades LUIS BORINES 029 a LUIS BORINES 039, calendario santoral publicitario do local.

Diante del aparece un carro de bois cun home con sombreiro e bara tirando deles, tres nena subindo na parte traseira e un home camiñando.

Ten en tinta china un texto a pé de foto que transcrito di: "Redondela.- Voiture de paysan de la Galice".

No reverso desta imaxe, atopamos a LUIS BORINES 027.

Descoñecese o fotógrafo.

Fotografía vista de Cádiz

LUIS BORINES 027. Expediente 3661/2020

Trátase dunha fotografía albúmina (finais do s. XIX-s XX) 23 x 17 cm.

Formaba parte dun álbum particular de fotografías, e atópase pegada nunha cartulina ríxida. O álbum debeu estar creado por unha persoa francófona, seguro que aficcionada e viaxeira xa que na outra cara ten pegada e coas mesmas medidas unha vista de Redondela.

Neste caso trátase dunha vista panorámica da cidade de Cádiz, co mar á dereita, a Catedral, e tomada dende a Torre Tavira.

Ten en tinta un texto a pé de foto que transcrito di: "Cadix (Espagne) Cathedrale une prise de la Tour Tafira".

No reverso desta imaxe, atopamos a LUIS BORINES 028.

Descoñecese o fotógrafo.

Fotografía na Alameda de Redondela

ANA CARREIRA 050 Expediente 4456/2018

Fotografía de nenas, neno e muller posando na Alameda de Redondela. Década dos 1950

Persoas recoñecidas: Ana Carreira Fernández (4ª pola esquerda)

Fotografía familiar sobre o río Alvedosa

FRANCISCO REBOREDO SURÍS 009. Expediente 4462/2018

Fotografía familiar na ponte da actual Praza de Rivadabia sobre o río Alvedosa; á dereita distínguese o lavadoiro "Sarita Montiel" . Ano 1950.

Persoas recoñecidas: Marí Conchi Reboredo Surís (nena).

Fotografía familiar no comedor da familia Reboredo Rodríguez

FRANCISCO REBOREDO SURÍS 005. Expediente 4462/2018

Fotografía de reunión familiar no comedor antes da partida de Mario á guerra civil. A casa estaba ubicada na actual Praza da Constitución. Década dos 1930.

Persoas recoñecidas: de esquerda a dereita: Dula Reboredo Rodríguez, María Rodríguez, José Reboredo Blanco, Mario Reboredo Rodríguez e Lamberto Reboredo Rodríguez.

Fotografía familiar na Xunqueira de Redondela

JUAN BAUTISTA BLANCO 001. Expediente 3339/2021

Fotografía dun retrato familiar posando na Xunqueira en día de festa na década dos 1950. Ó fondo, pódese distinguir o antigo mercado municipal (onde agora está a casa do Concello) e a un lateral o restaurante antigo de Pucho Barciela.

Persoas recoñecidas: Juan Bautista Blanco García (bebé de branco no colo da nai), Juan Bautista Blanco Montes (home de corbata).

Fotografía familiar na Alameda de Redondela

FRANCISCO REBOREDO SURÍS 011. Expediente 4462/2018

Binuca Surís posando coas súas fillas, Mari Conchi e Maribina Reboredo, na plazoleta frente á casa do Concello, dando espaldas á Praza da Constitución, Redondela. Ano 1949 (aprox.) Binuca Surís, Mari Conchi Reboredo Surís, Maribina Reboredo Surís.

Fotografía familiar de Juan Bautista Blanco

JUAN BAUTISTA BLANCO 002. Expediente 3339/2021

Fotografía dun retrato familiar posando no 1953

Persoas recoñecidas: Juan Bautista Blanco García (bebé de branco no colo da nai), Juan Bautista Blanco Montes (home).

Resultados 3701 a 3710 de 4653