LUIS BORINES 044 e LUIS BORINES 044-2
9x14 cm. Fototipia azul. Editada pola editorial Grafos de Madrid.
Formou parte do caderniño postal "Recuerdos de Vigo" co número "26. Vigo. VIaducto de Redondela".
Nela aparece unha vista do Viaducto da Coruña no mesmo momento en que o ferrocarril pasa por él.
Deste xeito míranse os tellados das casas da subida á esfarrapada. Nunha desas casas apréciase, asomada á fiestra, dúas persoas e o que parece ser unha gaiola de paxaros.
Aparece tamén a presenza dos barcos que chegaban ata o actual aparcadoiro da Alameda de Redondela, na Ribeira. E o conxunto dos canastros debaixo do viaducto (hoxe en día na rúa Cabo dos Fumeiros)
Postal circulada con franqueo marítimo (Paquebot) o 14 de decembro do 1928, dende Londres (Inglaterra) con destino a Rotterdam (Holanda) e franqueada con selo español.
Foi depositada a bordo do vapor SS. Zeelandia. Este buque cubría a ruta Ámsterdam - Bos Aires, naqueles tempos da emigración de Europa a Suramérica. Era propiedade da liña Kaninklijke Hollandsche Lloyd (Royal Holland Lloyd).
A correspondencia depositada nos buques era manipulada polo axente postal da bordo quen a entregaba na oficina postal portuaria para seguir o seu destiño pola vía terrestre. Para facilitar o traballo, acuñouse o termo "Paquebot" para a correspondencia despachada nun barco en alta mar pero entregada nunha oficina portuaria dun país con bandeira distinta da que ondeaba no barco.
A Editorial Grafos de Madrid comezou a edición de tarxetas postais no inicio dos anos 20 do século pasado, producindo unha gran cantidade de postais de toda España con distintas reproduccións dos mesmos clichés en diferentes edicións, con moitas tintadas distintas e variantes nos reversos e nas descripcións.
Recollemos os comentarios do escritor Juan Antonio Fernández Rivero, na súa publicación de tarxetas postais "Desde Málaga. Recuerdos..." que transcrito di: "Dice que fue una de las casa más activas en la edición de postales a nivel nacional, tanto de ediciones propias como en ediciones de encargo para empresas o instituciones. La clasificación de las postales es muy difícil por la gran confusión de colores, numeraciones, ediciones de encargo, etc.".
Aínda que editou tarxetas de xeito individual, a maior parte foi en álbumes ou caderniños postais que contiñan entre 20 ou 30 tarxetas. Nas súas portadas aparecían os datos do editor, o nome e número da serie e nalgúns casos, o nome do fotógrafo.
Nos álbumes as postais atopábanse unidas en forma de acordeón e era preciso cortalas para separalas.
No caso dos caderniños en forma de libriños, as tarxetas atopánbanse montadas unha detrás de outra co lateral esquerdo dentado para facilitar a separación. Nalgunhas tarxetas aínda se miran os restos das perforacións.
As edicións máis coidadas incorporaban láminas de "papel cebolla" como separador entre unha tarxeta e a seguinte.
Como "Recuerdos de Vigo" editáronse ata 5 series de 10 tarxetas cada unha en distintos tonos (sepia, azul, branco e negro, verde) e nelas aparecen as postais de Redondela, Lazareto de San Simón e varias vistas da enseada.
Fotógrafo/a descoñecido/a.