Tarxeta postal Vigo: Lazareto de San Simón
- ES.GA.36045.AM.RED.2-43-LUIS BORINES 078 e LUIS BORINES 078/2
- Unidade documental simple
- 1920
Parte de PROXECTO ARQUIVO AUDIOVISUAL
LUIS BORINES 078 e LUIS BORINES 078-2
Tarxeta postal (9x14cm). Fototipia en branco e negro circulada.
Edición da Editorial Grafos de Madrid para a librería J. Buceta - Vigo.
Fotógrafo/a descoñecido/a.
No anverso aparece unha vista da Illa de San Simón namentres funcionaba coma lazareto. Distínguense tres edificacións e a ponte que une as illas San Simón e San Antón.
No reverso aparece o nome da Edición J. Buceta e o seguinte texto:
"Vigo 20 de marzo 1922
Aquí la esposa de un joven (...)"
A "Librería Julián Buceta", atopábase nos baixos do edificio nº 56 da rúa Policarpo Sanz. Na actualidade ocupa o mesmo solar a sede do Banco Santander de Vigo.
A libraría (activa entre os anos 1910-1950 do século pasado) era moi surtida en toda clase de obxectos de escritorio ademáis de libros técnicos e comerciais. Tamén vendíanse diversas edicións de caderniños ou álbum de postais de "Vistas de Vigo" (10 ou 12 vistas) producidos para - Edición J. Buceta. Vigo- polas máis importantes casas impresoras de fototipia do momento: Hauser y Menet, Thomas, Castiñeira y Álvarez ou Grafos. Tamén esta libraría distribuiu postais editadas pola súa conta que eran encargadas ós talleres de Fototipia antes nomeados. Editou varias versións e series con novas imaxes da cidade de Vigo e os seus arredores con fotógrafos/as descoñecidos/as. Destacan as series editadas a cor, usando novos procedementos fotomecánicos de impresión en cores, a partir dunha imaxe en branco e negro e coas cores inventadas. Unha mestura de fototipia + tricomía. En case tóda-las series e nas distintas versións aparece a tarxeta "Vigo-Redondela-vista general".