Área de identidad
Código de referencia
Título
Fecha(s)
- 1948-00-00 - 2017-00-00 (Accumulation)
- 1880-2017 (Creation)
Nivel de descripción
Serie
Volumen y soporte
1.364 unidades de instalación con 1.910 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Institución archivística
Historia archivística
Origen del ingreso o transferencia
Área de contenido y estructura
Alcance y contenido
Agrupación de series que recolle o conxunto de documentos que reflicten os ingresos e gastos correntes do concello que se prevén para cada exercicio económico, segundo unha clasificación económico funcional.
A tipoloxía resultante ten unha evolución ao longo do tempo, marcada pola normalización dos procedementos en todas as entidades locais. O presuposto ordinario aparece regulado no Decreto de 3 de febreiro de 1823, que obrigaba á súa formación para o ano seguinte no mes de outubro de cada ano. Logo será a Lei de 1835 que obrigue a súa remisión ao Gobernador Civil para a súa aprobación e efecto, coa súa clasificación en gastos e ingresos, que se mantén no ano 1845, no Estatuto de 1924, na lei de 1945 e o Regulamento de Facendas Locais e a Instrución de Contabilidade de 1952 e finalmente a Lei 39/1988 e o decreto que a desenvolve 500/1990, que supuxo unha importante modificación contable a partir de 1992. De todas elas dedúcense os tipos documentais resultantes, libros e rexistros e documentos contables. Os máis habituais son os seguintes:
Conta xeral do presuposto: formada polos documentos redactados para o coñecemento, exame e fiscalización da xestión económica dos concellos; neles reflíctese con detalle as incidencias da execución do presuposto. Conta documentalmente con capítulos de ingresos, capítulos de gastos, artigos de ingresos, artigos de gastos e liquidación do presuposto; un exemplar do presuposto refundido; as relacións de mandados de pagamento, ingreso; a relación de debedores; certificacións das modificacións de créditos efectuadas e acta de arqueo a 31 de decembro.
Conta xeral do patrimonio: documento contable cuxo obxecto e presentar o estado dos bens, dereitos e capitais, así como a relación de empréstitos e gravames, no curso dun exercicio económico. É redactada polo interventor e aprobada polo Pleno e enviada ás Delegacións de Facenda.
Conta de caudais (1924-1991), chamadas tamén de tesouraría (desde 1986), teñen o seu antecedente nas contas anuais de caudais (1845-1924) e estas á súa vez na conta de propios e arbitrios ou de cargo e data (1764-1845). Ten carácter trimestral e reflicten as operacións de ingresos e gastos de cada capítulo do presuposto.
Conta de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP): a partires da Instrución de Contabilidade de 1952.
Liquidación do presuposto: expresión cifrada dos gastos e ingresos habidos no exercicio económico. É un documento obrigatorio, redactado polo interventor e aprobada polo Pleno
Expediente de modificacións de créditos: expediente formado para acomodar os créditos aos gastos reais, cando estes non foran previstos inicialmente, cambiando os fondos de partidas orzamentarias, habilitando crédito onde faga falta desde outro lugar no que sobre ou se rexeita para un novo fin.
Mandados de pagamento e de ingreso: antes cargaremes e libranzas, a partir de 1992, ás veces, documentos contables. Son un conxunto de documentos, en base a un modelo, no que se rexistran as entradas e saídas de fondos consignados no presuposto. Teñen un encabezamento u texto e a sinatura do pagador ou ingresador. Moitas veces levan anexo os xustificantes do mesmo, ben facturas, contratos, escrituras…etc, supondo todo elo un elevado volume documental
Libro maior, que estivo en vigor desde 1886 e 1952.
Libro de contas correntes para ingresos, en vigor entre 1924 e1952.
Libro xeral de gastos que xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a consignar os gastos previstos, anotándose nel as operacións de recoñecemento e liquidación de obrigas, alteracións que experimenten e pagamento das mesmas, para deducir o importe pendente de pagamento ao fin de cada mes. A estrutura inclúe a data, a explicación do asento, unha columna “cargo” subdividida en pagado, baixa, xustificado e total; outra columna ”data” coas cantidades recoñecidas , liquidadas ou contraídas, e outras co saldo e crédito dispoñible e as observacións.
Libro xeral de rendas e exaccións: xorde coa Instrución de Contabilidade de 1952, destinado a anotar os ingresos que se reciben no concello en concepto de presuposto, alteracións e os saldos pendentes de cobro ao fin de cada mes. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación da anotación, un recadro para cargo e data e o saldo
Libro diario de intervención (1845-1924), que pasou a denominarse “Libro diario de Operacións”.
Libro diario de intervención de gastos, que aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de pagamentos, 1886-1924, destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de pagamento cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto a que aplica, explicación do gasto e resultas do gasto.
Libro diario de intervención de ingresos (aparece no Regulamento de Facendas Locais de 1924, substituíndo ao libro borrador de ingresos, 1886-1924), destinado a rexistrar por orde cronolóxica os mandados de ingreso cursados. A estrutura inclúe o numero de asento, número de orde de Caixa, número de expedición do mandado, capítulo e concepto de presuposto a que aplica, explicación do ingreso e resultas do ingreso.
Libro de valores independentes e auxiliares do presuposto (VIAP). Libro destinado a consignar os valores de créditos a favor dos concellos, inscricións e títulos de débeda pública, recibos a cobrar, retencións, fianzas e depósitos en xeral. A estrutura do libro recolle a data do asento, a explicación do mesmo, un recadro para entrada e saída, as existencias e as observacións. Circunscríbese ao período comprendido entre 1952 e 1990.
Libro rexistro de mandados de pagamento e ingreso, específico para anotar estes documentos contables cronoloxicamente.
A partir de 1990 os libros de contabilidade son (Orde de 17 de xullo de 1990 pola que se aproba a Instrución de Contabilidade para a administración local, BOE 23-7-1990):
Libro diario xeral de operacións, existente entre 1924 e 2006 onde se consigna, a principios de ano, os resultados do exercicio anterior, comezando polo capital activo e pasivo que se deduza do inventario, as obrigas e créditos a pagar, os créditos a cobrar e as existencias de metálico e valores así como os asentos para a apertura de contas aos capítulos ou conceptos xerais dos presupostos ordinarios e extraordinarios aprobados polas corporacións
A partir de 1992, a contabilidade empeza a facerse de xeito informático, imprimíndose os rexistros e documentos contables resultantes durante uns anos para a súa validación e conservación, costume que se foi perdendo progresivamente. Os novos documentos serían, entre outros:
Diario de operacións do presuposto de gastos.
Maior de conceptos do presuposto de gastos.
Maior de conceptos do presuposto de ingresos.
Maior de conceptos non orzamentarios.
Rexistros de mandados de pagamento e de ingreso.
Auxiliares de conta corrente.
Rexistro xeral de tesouraría (ingresos e pagamentos)
Valorización, destrucción y programación
Acumulaciones
Sistema de arreglo
Área de condiciones de acceso y uso
Condiciones de acceso
Condiciones
Idioma del material
Escritura del material
Notas sobre las lenguas y escrituras
Características físicas y requisitos técnicos
Instrumentos de descripción
Área de materiales relacionados
Existencia y localización de originales
Existencia y localización de copias
Unidades de descripción relacionadas
Área de notas
Identificador/es alternativo(os)
Puntos de acceso
Puntos de acceso por materia
Puntos de acceso por lugar
Puntos de acceso por autoridad
Tipo de puntos de acceso
Área de control de la descripción
Identificador de la descripción
Identificador de la institución
Reglas y/o convenciones usadas
General International Standard Archival Description, Second Edition, ISAD (G).
Norma Galega de Descrición Arquivística (NOGADA)
Estado de elaboración
Nivel de detalle
Fechas de creación revisión eliminación
Maio de 2010
Idioma(s)
Escritura(s)
Fuentes
Nota del archivista
Descrición realizada polo persoal técnico do Arquivo da Deputación Provincial de Pontevedra e colaboradores