- ES.GA.36045.AM.RED.1-2-4-1
- 2ª División de Sección
- 1915-2017
Parte deCONCELLO DE REDONDELA
No Antigo Réxime as formas de provisión dos postos de traballo na función pública variaron ao longo dos séculos desde a venda ao sorteo, o arrendamento, as herdanzas, as eleccións, designacións, concursos, até finais do século XIX no que se racionalizan en forma de oposicións, concursos, concurso-oposición e libres designacións.
2.4.1.1.- Correspondencia de persoal
Correspondencia xeral recibida ou emitida no Servizo de Persoal na súa relación cos traballadores, con outros servizos ou con outras administracións, organismos e institucións
2.4.1.2.- Cadros de persoal
Relación de postos de traballo que o concello reserva ao persoal funcionario, laboral ou eventual. Inclúe os expedientes da oferta pública de emprego, que se tramita para dar publicidade ás prazas que están vacantes, tanto laborais como funcionarios, no cadro de persoal do concello.
2.4.1.3.- Expedientes de persoal municipal
Reflicte as incidencias da vida laboral do funcionario durante o tempo de prestación dos seus servizos ao concello. En teoría debería ou podería conter os datos relativos a súa situación persoal e familiar, formación e experiencia profesional, premios, felicitacións e sancións; adscrición a determinado posto de traballo, excedencias, xubilacións e antigüidade; permisos, licenzas retribuídas, sentenzas, réxime asistencial, cotizacións á seguridade social, á MUNPAL e calquera incidencia ocorrida no decurso do desenvolvemento da súa relación laboral coa administración.
2.4.1.4.- Expedientes de persoal sanitario
Documentación relacionada co persoal sanitario (médicos, veterinarios, farmacéuticos, matronas...) que presta os seus servizos no termo municipal. Normalmente son comunicacións da administración central ou autonómica relacionadas cos seus nomeamentos, cesamentos ou asuntos relevantes, así como as aquela que deriva da súa vida laboral: vacantes, vacacións, permisos…etc
2.4.1.5.- Expedientes de persoal contratado
Testemuños da relación laboral dos distintos traballadores que non detenten a condición de funcionarios e está suxeitos a lexislación laboral. Estes se plasman en contratos de diversas modalidades e con diversas temporalidade, así como nas múltiples incidencias derivadas desta relación laboral.
2.4.1.6.- Convenios INEM. Cursos de formación
Serie que recolle o proceso específico de contratación de persoal laboral mediante convenios subscritos co Instituto Nacional de Emprego e, en datas posteriores, co Servizo Galego de Emprego ou nos distintos plans para contratación convocados pola administración central e autonómica, destinados a determinados colectivos, grupos de idade ou persoal en paro.
Así mesmo inclúe os cursos de formación para persoal en paro, que recolle a documentación relacionada co desenvolvemento dos mesmos. Entre eles destacan as escolas obradoiro ou escolas taller, incluíndo a documentación económica, pedagóxica e o control dos alumnos.
2.4.1.7.- Nóminas. Retribucións
Documentos relacionados coas retribucións diversas recibidas polos traballadores, especialmente as nóminas, complementos diversos, pagas extras, gratificacións, horas extraordinarias e outros.
2.4.1.8.- Expedientes de axuda familiar
Documentación relacionada co concepto retributivo do persoal municipal de axuda familiar de conformidade coa situación de cada un. Tramitada co obxecto de facilitar as condicións familiares dos traballadores locais.
2.4.1.9.- Libro de matrícula de persoal
A lexislación obriga aos empregadores de traballadores a levar en orde e ao día un Libro de Matrícula no que serán inscritos todos os seus traballadores no momento en que inicien a prestación de servizos. Cando exista máis dun centro de traballo levaranse tantos Libros de Matrícula como centros haxa. As inscricións dos traballadores no Libro de Matrícula deberán efectuarse na forma e cos requisitos que se determinan nas instrucións que se insiran no modelo oficial de dito Libro. En todo caso, deberá constar o número da Seguridade Social, deberán asinalo no momento que inicien a prestación de servizos e cando se produza un cambio na súa categoría profesional. As baixas de traballadores anotaranse no lugar que corresponda cronoloxicamente, ademais de indicarse a data da baixa na inscrición inicial de alta o do cambio de categoría profesional. Os libros de matrícula usan modelo oficial e se habilitarán nas Inspeccións Provinciais de Traballo e Seguridade Social.