Amosando 83 resultados

Rexistro de autoridade

Jaime de Sousa Guedes Pacheco e familia

Jaime de Sousa Guedes Pacheco naceu en 1878 en Freixo-de-Espada-á-Cinta, na Serra da Estrela, comarca de Tras-os-montes, en Portugal. A súa historia coñecida antes de chegar a Vigo transcorre en Ourense, onde vivía o seu irmán José de quen aprendeu o oficio da fotografía, ou cando menos con el traballou no seu estudio fotográfico durante varios anos, ata que as súas ambicións e o desexo de independencia trouxérono a Vigo, onde se asocia con Cándida Otero, que desde a morte do seu marido atendía soa a galería. A sociedade chamouse "Pacheco y Viuda de Prósperi", é de supoñer que o peso fundamental do negocio recaería sobre o mozo portugués, dado que a viúva xa era unha muller entrada en anos. En 1915 faleceu Cándida Otero, a partir dese momento o estudio fotográfico pase a ser rexentado en exclusividade por Jaime Pacheco. Con todo, Vigo era demasiado grande para que unha soa persoa atendera as necesidades de fotografar a vida que enchía as rúas. O seu sobriño Horacio foi o primeiro en chegar para axudalo a atender o negocio (1915), detrás del virá César, que máis adiante instala o seu estudo en Mondoñedo. Os fillos de Jaime Pacheco, Jaime e Alberto, o primeiro sobre todo, uníronse tamén á empresa. Unha empresa familiar na que colaboraban outros profesionais como Emilio Nogueira, Sanlés e Amoedo, que se dedicaban sobre todo, ao proceso técnico da fotografía.
Jaime Pacheco (pai) foi o artífice de maioría dos retratos de estudio dos anos 20 e 30. Horacio antes e Jaime Pacheco (fillo), despois, traballaban no exterior captando os momentos estelares da historia da nosa cidade.
Jaime Pacheco (pai) morreu en 1954; a súa galería herdárona os seus fillos e co tempo a súa neta, ata que pechou definitivamente en 1994, tres anos despois da venda do arquivo ao concello.

Resultados 51 a 60 de 83